Carballo anano
Carballo anano | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Quercus lusitanica Lam. | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Quercus infectoria, Olivier |
O carballo anano[1][2] ou caxigo (Quercus lusitanica Lam. ou Quercus faginea) é un arbusto da familia das Fagáceas que raramente acada os 2 metros. En moitas ocasións vai ligado á sobreira (Quercus suber). A súa floración prodúcese entre abril e maio.
Morfoloxía
editarA súa cortiza é gris. As follas miden de 3 a 5 cm, son coriáceas (esclerosadas), con limbo obovado-oblongo e marxe enteiro. Ten de 4 a 6 pares de lóbulos ou dentes dirixidos cara ó ápice. As follas adultas só teñen pelaxe polo envés. O pecíolo das follas vai de 2 a 3 milímetros. As landras miden entre 1 e 2 centímetros e poden ir sentadas ou ter un pequeno pedúnculo de até centímetro e medio.
Situación
editarNo monte Pindo atópase a única poboación galega coñecida desta especie autóctona do Mediterráneo suroccidental (España, Portugal e Marrocos). A poboación galega deste tipo de carballo arbustivo é o límite da especie polo norte. Os lumes que arrasaron o monte Pindo en setembro de 2013 fan difícil a sobrevivencia desta comunidade[3].
Notas
editar- ↑ Nome galego da especie en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ "Carballo". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016.
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/13/galicia-vilo-incendio-pindo/00031379058496676378693.htm?idioma=galego
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carballo anano |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carballo anano |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Quercus lustanica na base de datos da NPGS/GRIN.
- Información sobre o bugallo do carballo anano.