Oleaceae
Oleaceae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oliveira (Olea europaea) con froitos verdes. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Tribos | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Oleaceae, as Oleáceas, son unha familia de plantas pertencente á orde Lamiales. Comprende 24 xéneros de plantas leñosas, incluídos arbustos, árbores e rubideiras. Caracterízase polas follas opostas que poden ser simples ou pinnadamente compostas. As súas flores posúen cáliz e corola con catro lóbulos.
Descrición
editarSon árbores, arbustos ou rubideiras leñosas; plantas hermafroditas, andromonoicas ou dioicas. Follas opostas ou ás veces alternas, trifoliadas ou imparipinnadas, sen estípulas. Inflorescencias terminais ou axilares, cimosas, paniculadas, dicasiais, subumbeliformes, fasciculadas ou flores solitarias, flores actinomorfas; sépalos 4 (–numerosos), libres ou sen sépalos, valvados, ás veces ausentes; corola xeralmente simpétala, 4 (–numerosos) lóbulos, ás veces os pétalos libres ou ausentes; estames 2 (4), adnados ao tubo da corola nas flores simpétalas, anteras con dehiscencia lonxitudinal; ovario súpero, bilocular, estilo terminal con estigma bilobado ou subcapitado, ou estigma sésil. Froito unha drupa, baga, cápsula ou sámara, a miúdo cunha semente.[3]
Usos
editarMoios dos membros desta familia son economicamente importantes, como a oliveira, polos seus froitos (as olivas) e o aceite que se extrae deles. Os freixos (árbores do xénero Fraxinus) son valiosos pola súa madeira e as Forsythias, lilas, xasmíns e Chionanthus valóranse coma plantas paisaxísticas.
Taxonomía
editarOleaceae foi descrita por Hoffmanns. & Link e publicado en Flore portugaise ou description de toutes les ... 1: 62. 1809.[3] O xénero tipo é: Olea L.
Xéneros
editarLista de xéneros e sinónimos relacionados por orde alfabética segundo APWeb:[4]
|
Notas
editar- ↑ "Oleaceae Hoffmanns. & Link, nom. cons.". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 17-01-2003. Arquivado dende o orixinal o 06-05-2009. Consultado o 10-04-2009.
- ↑ Listado de sinónimos de Oleaceae. [1].
- ↑ 3,0 3,1 "Oleaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de decembro de 2012.
- ↑ Oleaceae en APWeb consultado o 19 de maio de 2011
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleaceae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oleaceae |
Bibliografía
editar- Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (eds.) 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. Fl. Mesoamer. 4(1): 1–855.
- Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
- Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.