Acantáceas

familia de plantas
(Redirección desde «Acanthaceae»)
Acantáceas
Acanthaceae

Acanthus mollis, follas e inflorescencia
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Acanthaceae
Juss., 1789
Subfamilias, Tribos e Subtribos
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A das acantáceas (Acanthaceae) é unha familia de plantas fanerógamas da orde das lamiales, que reúne 256 xéneros cunhas 2 770 especies propias das zonas tropicais e subtropicais. Só unhas poucas especies distribúense en rexións temperadas. Os catro principais centros de distribución son Indonesia e Malaisia, África, Brasil e Centroamérica.

Os representantes da familia pódense achar en case todos os hábitats, incluíndo bosques densos ou abertos, matogueiras, campos e vales húmidos, costas mariñas, pantanos e bosques de manglais.

O seu nome débese a un dos seus representantes, o acanto, unha herbácea empregada en xardinaría nas zonas temperadas cuxas follas inspiraron na Grecia antiga a decoración da capitel corintio.

Inclúe tamén xéneros de interese medicinal, como Justicia, con especies ricas en antidepresivos.

O seu xénero tipo é Acanthus, Linnaeus.

Características

editar

As prinxipais acarcterísticas das especies desta familia son:[1]

Taxonomía

editar
 
Justicia aurea
 
Ruella tuberosa

Descrición

editar

A familia foi descrita en 1789 polo médico e botánico francés Antoine Laurent de Jussieu, na súa obra Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam, anno 1774. MS. notes. París, 1789.[2][3]

Clasificación

editar

A familia subdívídese nas seguintes subfamilias, tribos e subtribos.[2]

Sinónimos

editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a familia comeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Avicenniaceae Miq., nom. cons.
  • Justiciaceae Raf.
  • Mendonciaceae Bremek.
  • Meyeniaceae Sreem.
  • Nelsoniaceae Sreem.
  • Thunbergiaceae Lilja

Nota taxonómica

editar

Esta familia estivo antigamente situada na orde das escrofulariales, pero a clasificación filoxenética situouna na orde das lamiales.[4]

Segundo o Angiosperm Phylogeny Website, ao engadir os diferentes xéneros da familia das nelsoniáceas, esta familia conta con 3 500 especies, comprendidas en 229 xéneros.[4] A clasificación filoxenética APG II (2003) engade o xénero Avicennia, que anteriormente formaba el só a familia das aviceniáceas.

  1. Strasburger, E. 1994, pp. 846-848.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Family: Acanthaceae Juss., nom. cons.". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 17-01-2011. Arquivado dende o orixinal o 21-09-2012. Consultado o 24-07-2020. 
  3. Angiosperm Phylogeny Group (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. 
  4. 4,0 4,1 Lamiales na Angiosperm Phylogeny Website.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Izco, J.; et al. (2004). Botánica. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U. ISBN 84-486-0609-4. 
  • Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-0979-0.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar