Mangleiral
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O mangleiral[1][2][3] é un ecosistema acuático, de transición entre os ambientes terrestre e mariño, unha zona húmida característica de rexións tropicais e subtropicais.
Polo feito de estar asociado ás marxes de baías, enseadas, barras areosas, desembocaduras de ríos e lagoas onde haxa encontro de augas de ríos coa do mar, ou ben directamente exposto á liña da costa, o mangleiral está suxeito ao réxime das mareas e dominado por especies vexetais típicas adaptadas á salinidade, ás que se asocian outros compoñentes vexetais e animais.
Ao contrario do que acontece nas praias areosas e nas dunas, a cobertura vexetal do mangleiral instálase en substratos de lama de formación recente, de pequena declividade, baixo a acción diaria das mareas de auga salgada ou, polo menos, salobre.
Débense distinguir os termos mangleiral (ecosistema) e mangleiro, termo común dado ás especies arbóreas características deses hábitats.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mangleiral.
- ↑ Definición de mangleiral no Dicionario de Galego.
- ↑ Entrada da voz "mangleiral" en Gómez Márquez, Jaime; Viñas Díaz, Ana Mª; González González, Manuel (coords.) (2010). Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés (PDF). A Coruña: Xunta de Galicia / Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. p. 112. ISBN 978-84-453-4973-1. Consultado o 7 de marzo de 2018.
Ecosistema de rexións salobres tropicais e subtropicais dominado por árbores e arbustos moi tolerantes ao sal (mangleiros). ES: manglar s.m. EN: mangrove
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |