Pantano
Un pantano é unha zona húmida plana e pouco profunda co fondo xeralmente cuberto de lodo, onde vive vexetación herbácea adaptada, arbustiva e arbórea, que pode ter augas permanentes ou non, doces, salobres ou salgadas.[1] Moitos pantanos orixínanse ao longo dos ríos, en vales e zonas baixas, e zonas abandonadas polos ríos como meandros e leitos fluviais abandonados,[2] pero tamén en zonas costeiras e ribeiras de lagos.[3] As augas dos pantanos flúen lentamente ou están encoradas, polo que neles se acumula materia orgánica e poden crecer bacterias que orixinan o "gas dos pantanos" (metano). En primitivos pantanos orixináronse depósitos que darían lugar á turba e ao carbón. Como o nivel das augas é con fecuencia flutuante, a vexetación ten que estar adaptada a períodos de inundación.[4] As especies dominantes varían segundo o tipo de pantano e a zona do mundo, pero nos pantanos europeos abundan as plantas poáceas, tifáceas, xuncáceas, e ciperáceas, e outras plantas acuáticas. Algunhas das zonas pantanosas máis extensas do mundo atópanse ao longo dos maiores ríos, como o Amazonas, Mississippi, e Congo.[5] Adoitan ter un gran valor ecolóxico.
As zonas similares situadas nas costas inundadas periodicamente pola marea nas que crecen mangleiros e outros seres vivos halófilos, denomínanse mangleirais. Outros pantanos costeiros con influencia das mareas son as marismas.
Valor e produtividade
editarTradicionalmente, os pantanos e outras zonas húmidas eran considerados de escaso valor, improdutivos e mesmo insáns e eran utilizados principalmente como zona de caza e pesca, polo que o máis habitual era que se procurase desecalos para utilizar as terras para a agricultura ou expansión urbana, ou para evitar enfermidades transmitidas por insectos.[6] Algúns pantanos costeiros drenáronse construíndo canais e gavias de drenaxe, que ao final deixaron entrar a auga do mar e acabaron convertendo os pantanos en marismas ou mesmo desapareceron sendo ocupados polo mar, como ocorreu en zonas de Luisiana, EUA.[1][7] En Europa probablemente se perderon case a metade das zonas húmidas debido á súa drenaxe.[6] En Nova Zelandia perdeuse o 90 % en só 150 anos.[8]
Actualmente recoñécese o seu importante valor ecolóxico como hábitat dunha gran biodiversidade de seres vivos, e por proporcionar auga e oxíxeno, e o control de inundacións,[9] polo que adoitan contar con protección legal para a súa conservación. Algúns pantanos de zonas inundables son moi importantes para a reprodución dos peixes.[10] En Europa estanse a facer grandes esforzos na restauración de moitas zonas pantanosas,[2] igual que noutras partes do mundo.[2][11][12]
Ecosistema dos pantanos
editarA auga dun pantano pode ser doce ou máis ou menos salgada. As condicións adoitan ser redutoras con escaseza de oxíxeno polas inundacións causadas pola subida do nivel das augas; os elementos do solo e a materia orgánica en descomposición están presentes en formas reducidas moi solubles e, por tanto, moi móbiles. Estas condicións anóxicas son propicias para a formación de metano por degradación dos glícidos, e de sulfuro de hidróxeno, cheirento e tóxico, por redución do xofre.
A auga que vén das profundidades do solo pode estar cargada de metais, e cando chega á superficie certos microorganismos viven da súa oxidación. A auga pode ter neses casos reflexos metálicos, o que indica que se formaron biofilmes viscosos -flotantes ou no fondo- de microorganismos, que interveñen na reciclaxe dos elementos e a descontaminación da auga. Os de cor avermellada indica que están formados por microorganismos que oxidan ferro, os azulados oxidan cobre, os verdes violetas, xofre, e os brancos, aluminio, calcio ou xofre. Non indican forzosamente unha alta concentración de metais na auga, simplemente que é unha auga encorada e que hai unha certa acidez no solo.
Os pantanos albergan unha importante vida silvestre. Moitos peixes e anfibios reprodúcense neles e nútrense de millóns de insectos que emerxen das augas pouco profundidas, os cales tamén son o alimento de aves, algunhas das cales voan ata alí desde moitos quilómetros á redonda. Albergan tamén numerosas especies raras, para as cales ás veces os pantanos son o seu único hábitat.
En certas rexións os pantanos poden ser insalubres a causa da malaria, enfermidade parasitaria transmitida por mosquitos Anopheles, cuxa larva vive nas augas estancadas.[13]
As plantas palustres viven tanto sobre as augas como fóra delas e teñen adaptacións que lles permiten modificar rapidamente o seu metabolismo en caso de inmersión, e tamén as súas sementes e esporas [14]. Certas árbores presentan tamén adaptacións ao asolagamento ou longas raíces ou gromos ou sementes especializados.[15][16]
Exemplos notables
editarAtópanse pantanos en todos os continentes menos na Antártida.[17]
Suramérica
editarA maior zona pantanosa do mundo é o bosque inundable do Amazonas, que é importante especialmente pola gran variedade de peixes e árbores que viven nela.[18][19][20]
Outras zonas pantanosas famosas suramericanas son: o pantanal (Brasil), Lahuen Ñadi (Chile), delta do Paraná (Arxentina) e os Esteiros do Iberá (Arxentina).
África
editarAs áreas pantanosas máis coñecidas de África son o Sudd (no Nilo Branco no Sudán do Sur) e o delta do Okavango (endorreico), en Botswana. Outras zonas pantanosas famosas son os pantanos do lago Bangweulu (Zambia), os do delta do Níxer (Nixeria) e o de Mare aux Songes (illa Mauricio).
Asia
editarNo sur de Iraq os ríos Tigris e Éufrates forman unha extensa zona pantanosa con vexetación de xuncos.
En Asia tropical hai pantanos turbosos no leste e sueste asiático. No sueste asiático os pantanos encóntranse a baixa altitude en áreas costeiras e subcosteiras e esténdense no interior ao longo dos vales dos ríos máis de 100 km. Abundan en Sumatra, Borneo, Nova Guinea, península malaia, sueste de Tailandia, e Filipinas. Outras áreas pantanosas asiáticas son os mangleirais de Karachi (Paquistán), os pantanos Myristica (das moantañas Ghats Occidentais, India) e os Sundarbans (India e Bangladesh).
No norte, o pantano de Vasyugan é un extenso pantano do oeste de Siberia, máis grande que toda Suíza.
Europa
editarOs pantanos de Pripyat en Belarús e Ucraína son extensos e neles escondéranse os partisanos soviéticos e polacos durante a segunda guerra mundial.
Norteamérica
editarO pantano de Atchafalaya no curso baixo do Mississippi é o pantano máis grande dos Estados Unidos,[21] pero foi moi alterado pola corta de árbores, drenaxe e diques.[22] Outros pantanos famosos de Norteamérica son os Everglades de Florida, o pantano de Okefenokee (Xeorxia), o pantano Barley Barber, o pantano Gran Ciprés (de Delaware a Maryland) e o pantano Great Dismal (Virxinia e parte de Carolina do Norte).
No Canadá destacan os pantanos das terras baixas da baía de Hudson (Ontario).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Hughes, F.M.R. (ed.). 2003. The Flooded Forest: Guidance for policy makers and river managers in Europe on the restoration of floodplain forests. FLOBAR2, Department of Geography, University of Cambridge, Cambridge, UK. 96 p.
- ↑ Wilcox, D.A, Thompson, T.A., Booth, R.K. and Nicholas, J.R. 2007. Lake-level variability and water availability in the Great Lakes. USGS Circular 1311. 25 p.
- ↑ Swamp (do glosario do United States Geological Survey)
- ↑ Keddy, P.A., L.H. Fraser, A.I. Solomeshch, W.J. Junk, D.R. Campbell, M.T.K. Arroyo and C.J.R. Alho. 2009. Wet and wonderful: the world’s largest wetlands are conservation priorities. BioScience 59: 39-51.
- ↑ 6,0 6,1 Dugan, P. (ed.) 2005. Guide to Wetlands. Buffalo, New York. Firefly Books. 304 p.
- ↑ Keddy, P.A., D. Campbell, T. McFalls, G. Shaffer, R. Moreau, C. Dranguet, and R. Heleniak. 2007. The wetlands of lakes Pontchartrain and Maurepas: past, present and future. Environmental Reviews 15: 1- 35.
- ↑ Peters, M. and Clarkson, B. 2010. Wetland Restoration: A Handbook for New Zealand Freshwater Systems. Manaaki Whenua Press, Lincoln, N.Z. ISBN 978-0-478-34707-4 (online)
- ↑ Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 11.
- ↑ Lowe-McConnell, R. H. (1975). Fish Communities in Tropical Fresh waters: Their Distribution, Ecology and Evolution. London: Long man
- ↑ Environment Canada. 2004. How Much Habitat is Enough? A Framework for Guiding Habitat Rehabilitation in Great Lakes Areas of Concern. 2nd ed. 81 p.
- ↑ Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2ª edición). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 13.
- ↑ La disparition du paludisme dans la France rurale et la régression des terres humides - Exemple de la Sologne Arquivado 19 de xuño de 2022 en Wayback Machine.'. Par Pierre-Olivier Fanica, en étude et Gestion des Sols, Volume 13, 1, 2006 - páxinas 53 a 61. Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ Expression in situ de gènes en réponse à l’ennoyage chez les plantes Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Parent C. (2008) Étude de la réponse à l’ennoyage chez le chêne sessile (Quercus petraea) et le chêne pédonculé (Quercus robur) : Implication de l’hémoglobine non-symbiotique (An Overview of Plant Responses to Soil Waterlogging ) ; Tese de doutoramento, Universidade do Franco condado, 05-12-2008, PDF, 179 páxinas
- ↑ Skoglund, J. (1989). Regeneration, Establishment and Distribution of Quercus robur in relation to a flooding and light gradient. Studies in Plant Ecology.Gérard, B. (2008). Recherche de marqueurs physiologiques de tolérance à l'ennoyage chez le chêne pédonculé (Quercus robur L.) et chez le chêne sessile (Quercus petraea [Matt] Liebl.) (Universidade do Franco condado).
- ↑ Hunter, Malcolm L. (1999). Maintaining Biodiversity in Forest Ecosystems. Cambridge University Press. p. 325. ISBN 978-0521637688.
- ↑ Goulding, M. (1980). The Fishes and the Forest: Explorations in Amazonian Natural History. Berkeley, CA: University of California Press.
- ↑ Lowe-McConnell, R. H. (1975). Fish Communities in Tropical Freshwaters: Their Distribution, Ecology and Evolution. London: Longman
- ↑ L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.
- ↑ Conner, W. H. and Buford, M. A. (1998). Southern deepwater swamps. In Southern Forested Wetlands: Ecology and Management, eds. M. G. Messina and W. H. Conner, pp. 261–87. Boca Raton, FL: Lewis Publishers.
- ↑ Reuss, M. (1998). Designing the Bayous: The Control of Water in the Atchafalaya Basin 1800–1995. Alexandria, VA: U.S. Army Corps of Engineers Office of History.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pantano |