Gándaras de Budiño
Coordenadas: 42°06′55″N 8°38′12″O / 42.1151618, -8.6366027
Gándaras de Budiño | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC, BIC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 727 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014. | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Pontevedra | ||
Concellos: | O Porriño, Salceda de Caselas e Tui | ||
Ríos: | río Louro | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
As gándaras de Budiño son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, preto da vila do Porriño. É unha das maiores extensión de lagoas e outras augas continentais de Galiza.
Están declaradas ben de interese cultural grazas aos xacementos arqueolóxicos acheulenses.[1]
Xeografía e xeoloxía
editarEsta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude.
Patrimonio
editarPatrimonio arqueolóxico
editarNas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. Descubriunas o francés Henri Noon, realizando unhas investigacións xeomorfolóxicas, e Emiliano Aguirre investigouna en 1963. Henri Noon publicou en 1966 investigacións detallando como ese asentamento tiña referencias estratigráficas detalladas.
Existen cinco niveis arqueolóxicos. No quinto no que se atoparon útiles e clasificaronse como achelenses ou camposanquienses que corresponden a un depósito do Plistoceno medio.[2][3] Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles foron o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto. Técnicas de datación con carbono 14 indican unha idade deses restos de entre 182-28.7 mil anos. A estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.
Notas
editar- ↑ Consello da cultura, eds. (22/2/2007). "As gándaras de Budiño, no Porriño, supoñen un humidal único no que se mesturan valores naturais e históricos". Santiago de Compostela.
- ↑ Mendez-Quintas, Eduardo (25/10/2007-10-25). "El yacimiento achelense de As Gándaras de Budiño: la industria en facies fluviales". Complutum 18.
- ↑ Arturo de Lombera Hermida, Xosé Pedro Rodríguez Álvarez (coord. por Eudald Carbonell, José María Bermúdez de Castro, Juan Luis Arsuaga; Robert Sala Ramos (aut.)) (2014). "Los cazadores recolectores del Pleistoceno y del Holoceno en Iberia y el Estrecho de Gibraltar: Estado actual del conocimiento del registro arqueológico" (en español): 15–18. ISBN 978-84-92681-85-3.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gándaras de Budiño |