Ben de Interese Cultural

figura xurídica de protección do patrimonio histórico en España
(Redirección desde «Ben de interese cultural»)

A declaración legal denominada Ben de Interese Cultural (BIC) é unha figura de protección dos bens culturais en España, establecida na Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

O castelo do Castro de Ouro é un BIC situado no concello de Alfoz.

Historia e características

editar

Posteriormente esta figura de máximo rango foi asumida paulatinamente pola lexislación das Comunidades Autónomas, entidades que participan na incoación de expedientes e estudos, coa supervisión do Ministerio de Cultura para a declaración definitiva.

A competencia para declarar BIC téñena as comunidades autónomas desde 1991. Nalgunhas como en Cataluña ou o País Vasco o nome varía (Ben Cultural de Interese Nacional en Cataluña e Bens Cualificados no País Vasco), pero o proceso de declaración vén ser o mesmo.

En Galicia os bens mobles poden selo de forma individual ou ben como colección. A declaración dos bens inmobles atende as seguintes clases: monumento, conxunto histórico, xardín histórico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico e zona paleontolóxica.[1]

Categorías

editar

A Lei prevé as seguintes categorías para a declaración dun Ben de Interese Cultural:

Bens inmobles

editar

Son considerados bens inmobles:

os que recolle o artigo 334 do Código Civil,[2] e cantos elementos poidan considerarse consustanciais cos edificios e formen parte dos mesmos ou da súa contorna ou o formaron, aínda que no caso de poder ser separados constitúan un todo perfecto de fácil aplicación a outras construcións ou a usos distintos do seu orixinal
(Lei 16/1985, art. 14.1).

Monumento histórico

editar
Artigo principal: Monumento histórico.

Son aqueles bens inmobles que constitúen realizacións arquitectónicas ou de enxeñaría, ou obras de escultura colosal, sempre que teñan interese histórico, artístico, científico ou social.

Xardín histórico

editar
Artigo principal: Xardín histórico.

É o espazo delimitado, produto da ordenación polo home de elementos naturais, ás veces complementado con estruturas de fábrica, e estimado de interese en función da súa orixe ou pasado histórico, ou dos seus valores estéticos, sensoriais ou botánicos.

Conxunto histórico

editar
Artigo principal: Conxunto histórico.

É a agrupación de inmobles que forman unha unidade de asentamento, continua ou dispersa, condicionada por unha estrutura física representativa da evolución dunha comunidade humana por ser testemuño da súa cultura ou constituír un valor de uso e goce para a colectividade. Así mesmo é Conxunto Histórico calquera núcleo individualizado de inmobles comprendidos nunha unidade superior de poboación que reúna esas mesmas características e poida ser claramente delimitado.

Sitio histórico

editar

Denomínase sitio histórico ao lugar ou paraxe natural, vinculado a acontecementos ou recordos do pasado, a tradicións populares, creacións culturais ou da natureza, e a obras do home, que posúen valor histórico, etnolóxico, paleontolóxico ou antropolóxico.

Zona arqueolóxica

editar

É o lugar ou paraxe natural onde existen bens mobles ou inmobles susceptibles de ser estudados con metodoloxía arqueolóxica, fosen ou non extraídos e tanto se se atopan na superficie, no subsolo ou baixo as augas españolas.

Lugares de interese etnolóxico

editar

Denomínase lugar de interese etnolóxico aos bens inmobles, as paraxes, conxuntos arquitectónicos, construcións ou instalacións, e espazos que alberguen ou constitúan, alberguen ou constitúan, expoñentes de formas de vida, actividades, modos de produción, vivenda, sociabilidade e outras manifestacións da cultura do pobo.

Bens mobles

editar

Considéranse bens mobles:[3]

os susceptibles de apropiación que non sexan considerados inmobles, e en xeral todos os que se poidan transportar dun punto a outro sen menoscabo da cousa inmoble a que estean unidos.
(Código Civil, artigo 335)

Patrimonio etnográfico

editar

Forman parte do Patrimonio etnográfico aqueles bens mobles e inmobles e os coñecementos e actividades que son ou foron expresión relevante da cultura tradicional do pobo español nos seus aspectos materiais, sociais ou espirituais.

Patrimonio documental e bibliográfico

editar

Intégrano os documentos reunidos ou non en arquivos e bibliotecas, así como estes arquivos e bibliotecas, que cumpran cos requisitos que determina a lei 16/1985 no seu título VII.

  1. "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" Xunta de Galicia, 1/10/2012.
  2. Son bens inmobles:
    1. As terras, edificios, camiños e construcións de todo xénero adheridas ao chan.
    2. As árbores e plantas e os froitos pendentes, mentres estiveren unidos á terra ou formaren parte integrante dun inmoble.
    3. Todo o que estea unido a un inmoble dunha maneira fixa, de xeito que non poida separarse del sen quebrantamento da materia ou deterioración do obxecto.
    4. As estatuas, relevos, pinturas ou outros obxectos de uso ou ornamentación, colocados en edificios ou herdades polo dono do inmoble en tal forma que revele o propósito de unilos dun modo permanente ao fundo.
    5. As máquinas, vasos, instrumentos ou utensilios destinados polo propietario da leira á industria ou explotación que se realice nun edificio ou herdade, e que directamente concorran a satisfacer as necesidades da explotación mesma.
    6. Os viveiros de animais, pombais, colmeas, estanques de peces ou criadeiros análogos, cando o propietario os colocou ou os conserve co propósito de mantelos unidos á leira, e formando parte dela dun modo permanente.
    7. Os abonos destinados ao cultivo dunha herdade, que estean nas terras onde haxan de utilizarse.
    8. As minas, canteiras e escoriais, mentres a súa materia permanece unida ao xacemento e as augas vivas ou estancadas.
    9. Os diques e construcións que, aínda cando sexan flotantes, estean destinados polo seu obxecto e condicións a permanecer nun punto fixo dun río, lago ou costa.
    10. As concesións administrativas de obras públicas e as servidumes e demais dereitos reais sobre bens inmobles.
  3. "REAL DECRETO 111/1986, de 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español" (PDF). Boletín Oficial do Estado (24): 12534. 28 de xaneiro de 1986. ISSN 0212-033X. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar