Castelo do Castro de Ouro
O castelo do Castro de Ouro[1] é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia do Castro de Ouro, no concello de Alfoz e debe a súa fama á súa relación co mariscal Pardo de Cela.
Castelo do Castro de Ouro | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castelo e monumento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Alfoz | |||
Parroquia | O Castro de Ouro ![]() | |||
Localización | O Castro de Ouro ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008872 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarEdificado sobre un antigo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis.
Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa[Cómpre referencia] que:
La fortaleza de castro de Oro estaba muy obscura, sin ventanas, por lo que era húmeda y enferma. Rompió las Murallas por tres partes, y abrio buenas ventanas, que dan vista y alegría a la casa: y ya tenía comprado el hierro para asegurarlas con unas rejas fuertes.
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se fose derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
Actividades
editarNo verán do ano 2006 celebráronse no castelo de Castro de Ouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela.
O Castro de Ouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ Castelo do Castro de Ouro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.