Castelo da Frouxeira

fortificación en Santa Cilla do Valadouro (Foz)
(Redirección desde «Frouseira»)

O castelo da Frouxeira ou Frouseira[1] foi unha fortificación situada na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (concello de Foz), no pico da Frouxeira, a case cincocentos metros sobre o nivel do mar. As súas ruínas están declaradas Ben de Interese Cultural.

Castelo da Frouxeira
Ben de Interese Cultural
Panorámica pico do frouxeira foz rubengherrera v2.jpg
ConcelloFoz
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°32′13″N 7°21′20″O / 43.53691111, -7.35542778Coordenadas: 43°32′13″N 7°21′20″O / 43.53691111, -7.35542778
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (século IX)
Estilo actual?
Estado actualEn ruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

A fortaleza da Frouxeira pertenceu á mitra mindoniense e probablemente foi un dos bens que Pardo de Cela recibiu como dote de voda ao casar con Isabel de Castro, sobriña do bispo Henrique de Castro, e filla do conde de Lemos. Na Frouxeira, desde principios do 1481 e ata case a súa morte, en decembro do 1483, Pero Pardo defendeuse bravamente contra as tropas dos Reis Católicos, capitaneadas por Luis de Mudarra e comandadas por Fernando de Acuña, quen dixo ao ano e medio de estar en Galiza que harto tenía que hacer porque tenía cercado a Pedro Pardo en Peña Frouseira. Sábese ademais, por testemuño de Luis de Mudarra, que morreu moita xente no cerco. A verdade é que A Frouxeira, pola súa situación xeográfica, é practicamente inexpugnable e de aí que as tropas castelás non fosen capaces de conquistala e derrotar a Pardo de Cela, polo que os dirixentes urdiron a trama da traizón e, unha vez traizoada, non deixasen pedra sobre pedra; soamente quedan aqueles restos que nin o tempo nunca será capaz de borrar. Por un romance sábese o nome do traidor, Roi Cofano do Valedouro:

Destes fora Capitán
o Cofano do Valedouro
Que aínda que fora un mouro
Non me deran mais afán.

Estes dous feitos, a defensa e a traizón, aniñaron e mancaron no corazón do pobo e deron pé a que poetas, bardos e rapsodos os fosen cantando e recitando por feiras e mercados. Sábese tamén que nada máis ser degolado o Mariscal, escribiuse un "cantar", ou chamado tamén "pranto" da Frouxeira, no que xa se mitifica a punta rochosa debido a esa loita rexa que fixeron nela O Mariscal e os seus criados:

A min chaman toda Mira
Señora do gran tesouro,
Por estrela esclarecida,
xago neste Valedouro.

Onde a Frouxeira pasa a ser "admirada, estrela clara e señora do gran tesouro" por todos. E a seguir, o cantar recolle a traizón:

De min a triste Frouseyra
Que por treyçon foy vendida
Derribada na ribeyra
Ca jamais se veo vencida.

Isto é, xa entón se deron conta os poetas que a pesar de ser destruída e derribada "jamais se veo vencida"; a Frouxeira dende entón pasou a ser un símbolo.

 
Panorámica dende o castelo da Frouxeira.

Ademais dos romances Lamento da Frouseira (ou Pranto) dos Séculos Escuros, o asedio do castelo tamén forma parte da trama d'O Mariscal de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte.

Galería de imaxesEditar

Vista dende A Frouxeira cara ó oeste. Ó pé, o Valadouro
Vista dende A Frouxeira cara ó NE. Ao pé, o val de San Martiño de Mondoñedo, Foz. Ó fondo, a ría de Foz

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar