Lamento da Frouseira

cantar dramático en lingua galega

O Lamento da Frouseira[1] é un cantar de carácter dramático, escrito en galego, composto a finais do século XV ou comezos do XVI, de autoría descoñecida ata o momento.

Composto de catro estrofas, conmemora o sitio que as tropas dos Reis Católicos inferiron ao nobre galego Pedro Pardo de Cela durante case dous anos, entre 1481 e 1483, no antigo Castelo da Frouxeira (Santa Cilla do Valadouro, Foz), facendo fincapé na derrota do galego pola traizón levada a cabo polo coñecido como Cofano do Valadouro[2].

NotasEditar

  1. Tarrío Varela, A. (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Xerais. p. 77. 
  2. Carballo Calero, R. (1989). "Pedro Madruga no teatro galego". Estudos e ensaios sobre literatura galega. Ediciós do Castro. p. 38-39. 

Véxase taménEditar