Fernando de Acuña
Fernando de Acuña y de Herrera, falecido en Sicilia en 1495, foi o primeiro gobernador e xustiza maior do reino de Galicia entre 1480 e 1484, nomeado polos reis Católicos co obxectivo de pacificar un reino conflitivo e permanentemente en pé de guerra. A súa decisión máis discutida e aínda hoxe non aclarada foi a de executar o mariscal Pardo de Cela en 1483.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV ![]() |
Morte | 1495 ![]() Catania, Italia ![]() |
Gobernador | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ![]() |
Traxectoria
editarFillo segundo de Pedro de Acuña, I Conde de Buendía (desde 1475), señor da Vila de Dueñas, e Garda Maior do rei Xoán II; e de Inés de Herrera, o seu tío foi Alonso Carrillo (1410-1482), Arcebispo de Toledo. Distinguiuse en accións militares ao servizo dos monarcas casteláns e chegou a Garda Maior e Gran Privado dos Reis Católicos.
Por Real Cédula do 3 de agosto de 1480, os Reis nomean a Fernando de Acuña e a Garci López de Chinchilla «nuestros jueces en todo el dicho reyno de Galicia, en quanto nuestra merced e voluntad fuere», con atribucións amplas esencialmente xudiciais, pero tamén de goberno por canto tiña a autoridade propia dun período de excepción[1]. O cabido de Santiago, nun acordo do 12 de marzo de 1481, cualifica a Fernando de Acuña de visorey.[2]
A política dos reis foi a de levar toda a nobreza autóctona á corte e substituíla por nobres do resto da Coroa de Castela.
Don Fernando por la gracia de Dios... A vos don Fernando de Acuña, mi gobernador e justicia mayor en el reino de Galicia, e a bos, el licenciado García López de Chinchilla, ambos del mi consejo, e mis juezes e corregidores en el dicho reino:
vien sabedes e como yo enbié mandar al conde de Monterrey, e al conde de Altamira, e a Diego dAndrade, e a don Fernando de Castro, e a Pedro de Bolaño, e a otros algunos cavalleros e otras personas del dicho mi reino de Galizia, que se saliesen del dicho reino e se viniesen para mi, donde quiera que yo estuviese, so ciertas penas en mis cartas e mandamientos contenidas, algunos de los cuales no an salido ni venido a mi, e porque todabía cumple a my servicio que salgan e vengan, yo vos mando que, si cuando vosotros fuéredes en el dicho reino de Galizia no fueren salidos, les agáis salir y benir para mi, y les no consintáis entrar ni estar en el dicho reino sin mi licencia y especial mandado, e si lo así no ficieren e cumplieren procedáis contra ellos e contra sus vienes a las penas contenidas en las dichas mis cartas.[Cómpre referencia]
Para facer cumprir as ordes Acuña veu a Galicia en 1480 con 300 soldados comandados por Luis de Mudarra, con eles e coa axuda das irmandades derrubou moitos castelos (entre eles os de Tebra, Amarante, A Barreira, ou Tenorio... chegando algunhas fontes a citar até cincuenta) e someteu a nobreza local.
Casou por indicación da raíña con María Dávila (que trala morte de Acuña fundou o mosteiro das "Gordillas" en Ávila). En 1489 foi enviado como vicerrei ao reino de Sicilia, onde morreu en 1495, sendo enterrado na catedral de Catania.
Familia
editarA súa irmá María de Acuña casou o 14 de abril de 1456 con Xoán de Viveiro, I Viceconde de Altamira (título outorgado en 1467 polo rei Henrique IV de Castela). Foi señor de Viveiro até que o desposuíu Henrique IV, o 15 de xuño de 1465, por real sentenza firmada en Zamora. Pedro Pardo de Cela será seu sucesor a partir do 27 de xullo. Foi Contador de Henrique IV, Comendador Maior e Señor de Cabezón (Valladolid).
Notas
editar- ↑ Laura Fernández Vega, La Real Audiencia de Galicia como órgano de gobierno durante el Antiguo Régimen, 1480-1808, Vol II, A Coruña, 1983, páx. 72.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1904). Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela (en castelán) 7. p. 296.
Predecesor: Novo titulo |
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia 1480- 1484 |
Sucesor: Diego López de Haro |