Henrique IV de Castela

Henrique IV, nado en Valladolid o 25 de xaneiro de 1425 e finado en Madrid o 11 de decembro de 1474, foi rei de Castela e de León entre 1454 e 1474, coñecido vulgarmente como Henrique o Impotente.

Infotaula de personaHenrique IV de Castela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1425 Editar o valor en Wikidata
Casa de las Aldabas (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 1474 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Guadalupe Editar o valor en Wikidata
Monarca de Castela e León
1454 – 1474
41º Gran Mestre da Orde de Santiago
1453 – 1462
Q45287025 Traducir
1444 – 1454
Príncipe de Asturias
1425 – 1454 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoConflict over the succession of Henry IV of Castile (en) Traducir e guerra civil catalá Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Barcelona (1462–1463)
Rei
Rei de Castela
Rei de Toledo
Rei de León
Q45287025 Traducir
Señor de Biscaia
Duke of Villena (en) Traducir
Señor de Molina
Rei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoana de Portugal (1455 (Gregoriano)–)
Branca II de Navarra (1440 (Gregoriano)–)
FillosXoana a Beltranexa
 () Xoana de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisXoán II de Castela Editar o valor en Wikidata  e María de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsAfonso de Castela, Isabel I de Castela, Catarina de Catela, Leonor de Castela, Princesa das Astúrias (pt) Traducir e Infanta Maria of Castile (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX918134 WikiTree: Trastámara-20 Find a Grave: 156057660 Editar o valor en Wikidata
Henrique IV de Castela e León

Traxectoria

editar

Fillo de Xoán II de Castela e de María de Aragón, e medio irmán de Isabel a Católica, naceu na desaparecida Casa das Aldabas da rúa Teresa Gil de Valladolid.

Á idade de 15 anos casa coa infanta Branca de Navarra, filla de Branca I de Navarra e de Xoán II de Aragón, da cal non tivo descendencia. En 1453, e segundo se conta despois de comprobar que Henrique IV non tivera ningunha relación coa súa esposa, o Papa Nicolao V anulou o matrimonio.

En 1455 casou en segundas nupcias con Xoana de Portugal. Da unión naceu unha filla, Xoana, lexítima herdeira ao trono, mais a ambición da irmá do rei Isabel polo poder fixo que fora acusada de ser filla ilexítima de Xoana de Portugal con Beltrán de la Cueva; de aí o alcume de Xoana a Beltranexa. Na súa época chamábanlle Henrique "O Impotente", por non consumar, supostamente, os seus matrimonios, mais hoxe en día hai quen opina que isto se debía á súa homosexualidade, e que mantiña relacións cos seus favoritos homes sen ningunha dificultade.

 
Henrique IV

Henrique IV no seu reinado quixo restabelecer a paz entre a monarquía e os nobres, relación que seu pai deixara ben revolta. Perdooulles aos nobres, pediulles o seu regreso e entregoulles as terras e todos os bens que foran confiscados. A pesar de todas estas melloras, lonxe de agradecer o xesto, os levantamentos da nobreza foron constantes, segundo eles debido ao poder e ao desastre económico ao que os conducía o rei.

Asediado polas revoltas e as exixencias dos nobres, Henrique IV tivo que asinar un tratado polo que nomeaba o seu irmán Afonso lexítimo herdeiro. Tras a morte deste en accidente, Henrique asina coa súa media irmá Isabel o Tratado dos Touros de Guisando, segundo o cal a nomea herdeira, deixando a súa filla Xoana fóra da sucesión, a cambio dalgunhas cuestións, entre as cales está que Isabel non casaría sen a aprobación do rei.

En 1469, o rei, ante o matrimonio secreto entre a súa irmá Isabel e Fernando de Aragón, celebrado en Valladolid, considerou violado o tratado e proclamou a súa filla Xoana como herdeira ao trono, xurando publicamente que era filla lexítima. Á súa morte, acaecida en 1474, comezou unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e os de Xoana a Beltranexa, que se decidiu o 1 de marzo de 1475 na batalla de Toro. En 1479 terminou a guerra quedando Isabel I como raíña de Castela.

Henrique IV xace enterrado no panteón real do Mosteiro de Guadalupe.

Henrique IV de Castela
Nacemento: 5 de xaneiro 1425 Falecemento: 11 de decembro 1474


Títulos Reais
Precedido por
Xoán II


Rei de Castela, Toledo, Galiza, León,
Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén e Alxeciras

1425-1474
Sucedido  por
Isabel "a Católica"
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Príncipe Xoán


Príncipe de Asturias
1425-1454
Sucedido  por
Princesa Xoana
Precedido por
Xoán II de Aragón


Conde de Barcelona
durante a Guerra
Civil Catalá

1462-1463
Sucedido  por
Pedro "o Condestable"