5 de xaneiro
data
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 5 de xaneiro é o quinto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 360 días para rematar o ano e 361 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1387 - Xoán I é nomeado rei da Coroa de Aragón trala morte de seu pai Pedro IV o Ceremonioso.
- 1527 - en Zürich é executado Felix Manz, líder da congregación anabaptista.
- 1543 - Desembarca no porto de San Francisco de Campeche (México), o frade español Bartolomé de las Casas, que se fará evanxelizador, educador, historiador e defensor do indíxena.
- 1728 - Fundación da Universidade da Habana (Cuba).
- 1762 - Pedro II asume o trono do imperio Ruso o fina-la súa tía, a emperatriz Elizabeth.
- 1798 - Inaugúrase o cemiterio San Xoán Evanxelista de Baiamo, primeiro de Cuba e de América.
- 1809 - O imperio Otomán e Gran Bretaña firman o Tratado dos Dardanelos.
- 1813 - O Tribunal da Inquisición é suprimido polas Cortes de Cádiz.
- 1814 - A Rexencia do Reino é trasladada dende Cádiz a Madrid.
- 1835 - Editase a primeira revista gráfica, O artista.
- 1855 - Inauguración do primeiro ferrocarril en Panamá, de 75 quilómetros de percorrido.
- 1895 - Caso Dreyfus: o oficial francés de orixe xudía Alfred Dreyfus perde a súa patente oficial e é sentenciado a prisión perpetua na Illa do Diaño, Güiana Francesa.
- 1896 - O Wiener Presse publica un descubrimento de Wilhelm Roentgen, unha radiación que logo se chamaría Raios X.
- 1900 - Estréase en Roma a ópera Tosca de Giacomo Puccini.
- 1900 - O líder unionista John Edward Redmond chama aos irlandeses a rebelarse contra o Reino Unido.
- 1905 - Charles Perrine anuncia o descubrimento de Elara, o 7º satélite de Xúpiter.
- 1914 - Ford anuncia un salario de 5 dólares por xornada de 8 horas diarias na súa fábrica de automóbiles.
- 1916 - Antón Villar Ponte comeza dende La Voz de Galicia a campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego, orixe das Irmandades da Fala
- 1917 - Islandia obtén de Dinamarca unha limitada autonomía administrativa.
- 1919 - Fúndase o Partido Nacional Socialista Alemán (NSDAP). Partido ao que pertenceu Adolf Hitler co carné número 7.
- 1920 - Por orde gobernamental son clausurados en España os sindicatos obreiros e o xornal Solidaridad Obrera, tralo atentado contra o presidente da patronal.
- 1930 - O Goberno soviético anuncia a creación de cooperativas agrícolas de produción, chamadas koljós.
- 1933 - Comenzan os traballos de construción do Golden Gate (San Francisco, EUA).
- 1940 - Estréase en Barcelona a película La tonta del bote, baseada na obra de Pilar Millán Astray.
- 1940 - Realízase a primeira demostración da radio FM.
- 1941 - Remátanse as obras do túnel de Viella, que comunica o Val de Arán co resto de España.
- 1950 - Gran Bretaña rompe as súas relacións diplomáticas coa China nacionalista e, o día seguinte, recoñece o réxime de Mao Zedong.
- 1953 - Primeira representación da obra de teatro de Samuel Beckett Á espera de Godot.
- 1955 - O ministro francés do Interior, François Mitterrand, propón que Alxeria se integre en Francia.
- 1959 - Alasca, despois da admisión solicitada hai 2 días, convertese no 49 estado da Unión norteamericana.
- 1961 - Cuba expón no consello de Seguridade da ONU o seu temor de que os Estados Unidos prepare a invasión da illa.
- 1961 - Publícase Memorias dun neno labrego pola editorial Follas Novas fundada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda na Arxentina.
- 1969 - A Unión Soviética lanza unha sonda espacial a Venus.
- 1975 - Cantarero del Castillo constitúe Reforma Social Española, primeira asociación política autorizada.
- 1977 - Suprímese en España o Tribunal de Orde Pública, e crease a Audiencia Nacional, ademais de deroga-lo Decreto-Lei sobor terrorismo.
- 1978 - Entra en vigor a preautonomía do País Vasco.
- 1985 - Nacen nun hospital de París os primeiros trixemelgos europeos concibidos por medio da fecundación in vitro.
- 2000 - O Goberno de Aragón confirma a morte, dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, do derradeiro exemplar de bucardo.
Nacementos
editar- 891 - Abderramán III, califa de Al-Ándalus que gobernou Córdoba.
- 1548 - Francisco Suárez, "Dr. Eximio", teólogo español.
- 1589 - Manuel de Villegas, escritor español.
- 1592 - Shah Jahan Mughal, emperador hindú.
- 1596 - Henry Lawes, compositor.
- 1713 - Jorge Juan y Santacilia, matemático e físico español.
- 1723 - Nicole-Reine Lepaute, astrónoma francesa. (f.1788)
- 1744 - Gaspar Melchor de Jovellanos, político e escritor español.
- 1838 - Camille Jordan, matemático francés.
- 1846 - Rudolf Eucken, filósofo alemán, Premio Nobel de Literatura no 1908.
- 1855 - King Camp Gillette, inventor da folla de afeitar.
- 1858 - Telesforo Ojea Somoza, xurista, xornalista e político galego (m. 1890).
- 1866 - Ramón Casas, pintor español.
- 1876 - Konrad Adenauer, chanceler e estadista alemán.
- 1881 - Pablo Gargallo, escultor español.
- 1895 - Enrique Policastro, pintor arxentino.
- 1900 - Yves Tanguy, pintor surrealista francés.
- 1902 - Maruxa Mallo, pintora galega.
- 1906 - Kathleen Kenyon, arqueóloga británica.
- 1909 - Luisa Mercedes Levinson, novelista e dramaturga arxentina.
- 1911 - Jean Pierre Salomons (J.P. Aumont), actor francés.
- 1914 - Antonio Matilla Tascón, historiador español.
- 1921 - Jean de Nassau, Gran Duque de Luxemburgo.
- 1921 - Friedrich Dürrenmatt, escritor suízo.
- 1926 - Maria Schell, actriz austríaca.
- 1928
- Sultan bin Abdul Aziz, príncipe de Arabia Saudita (m. 2011).
- Walter Mondale, 42do vicepresidente estadounidense (m. 2021).
- 1932 - Umberto Eco, semiólogo, mestre e escritor italiano.
- 1938 - Xoán Carlos I, rei de España.
- 1943 - Terenci Moix, escritor español.
- 1946 - Diane Keaton, actriz estadounidense.
- 1948 - Teófila Martínez, política española, alcaldesa de Cádiz.
- 1950 - Chris Setin, músico escocés.
- 1952 - Purificación Mayobre, filósofa, escritora e feminista galega.
- 1953 - Xosé Ramón Pousa, xornalista e escritor galego.
- 1958 - Alberto Muñoz Terol, biólogo español.
- 1961 - Isabel Gemio, presentadora española de radio e televisión.
- 1964 - Gran Young, músico canadense.
- 1969 - Marilyn Manson, cantante estadounidense.
- 1976 - Diego Tristán, futbolista español.
- 1986 - Ana María Pérez Cerviño, escritora e ilustradora galega.
Mortes
editar- 900 - Xoán IX, Papa.
- 1066 - Eduardo, o Confesor, rei de Inglaterra.
- 1586 - Rodrigo de Benavides, militar español, participou na Batalla de Lepanto.
- 1589 - Catarina de Medici, raíña de Francia.
- 1692 - Fernando de Valenzuela, político español.
- 1713 - Jorge Juan y Santacilla, científico levantino de sona internacional no século XVIII, cualificado na Europa da súa época como o sabio español [1] (m. 1773)
- 1857 - Gregorio Aráoz de Lamadrid, militar arxentino.
- José Luis de Bustamante, escritor uruguaio.
- 1860 - San Xoán Nepomuceno, relixioso checoslovaco.
- 1903 - Práxedes Mateo Sagasta, presidente do Goberno español.
- 1922 - Ernest Shackleton, explorador británico.
- 1933 – Calvin Coolidge, 33er Presidente estadounidense (n. 1872).
- 1936 - Ramón María del Valle-Inclán, escritor galego.
- 1960 - Quico Sabaté, guerrilleiro antifranquista catalán (n. 1915)
- 1970 - Max Born, físico alemán de orixe polaca, Premio Nobel en 1954.
- 1974 - José Suárez, foi un fotógrafo galego.
- 1979 - Charles Mingus, músico.
- 1985 - Matilde Urrutia, muller de Pablo Neruda.
- 1990 - Arthur Kennedy, actor estadounidense.
- 1991 - Vasko Popa, poeta iugoslavo.
- 1993 - Juan Benet, escritor español.
- 1997 - André Franquin, autor de historietas belga.
- 1998 - Sonny Bono, músico e político estadounidense.
- 2001 - Elizabeth Anscombe, filósofa e teóloga británica (n. 1919)
- 2012 - Isaac Díaz Pardo, artista e intelectual galego.
Festas e celebracións
editar- En moitas vilas e cidades galegas celébrase a cabalgata dos Reis Magos e actos na súa honra.
Santoral
editar- San Telesforo (Papa); Xoán Neuman (Bispo); Teodoro, Odulfo e Onoberto (Confesores); Simeon estilita (Anacoreta); Eduardo, Rogerio e Simon (Mártires); Amelia, Tatiana, Tania, Ciara, Emiliana, Apolinaria e Sincletica (Virxes); Amada (Abadesa); Calendario Romano: Compitalia.
Outros
editarNotas
editar- ↑ Calendario 2014 MUNCYT.