Terenci Moix

escritor e xornalista catalán

Terenci Moix, seudónimo de Ramón Moix i Messeguer, nado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1942 e finado en Barcelona o 2 de abril de 2003, foi un escritor catalán.

Infotaula de personaTerenci Moix

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Ramon Moix Messeguer Editar o valor em Wikidata
5 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata
El Raval, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 2003 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Enfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e ensaio Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioRay Sorel
Terenci Moix Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
30 de abril de 1997Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaEnric Majó (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAna María Moix Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0855496 Find a Grave: 7321194 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Grande escritor e recoñecido cinéfilo, converteuse nun dos escritores máis lidos da literatura española trala publicación de No digas que fue un sueño (Premio Planeta 1986), con máis dun millón de exemplares, dándolle continuación en "El sueño de Alejandría (1988).

De formación autodidacta e anárquica. Deuse a coñecer como narrador coa obra La torre de los vicios capitales (1968), que comezou a escribir en inglés durante o período que viviu en Londres en 1964.

A súa obra navega entre a crítica e a mitificación da cultura catalá, os valores da época franquista, a educación relixiosa e o sexo (xa que segundo conta, estudou en colexios de curas) e unha inconmensurable devoción á historia de Exipto. Foi un apaixonado da historia do antigo Exipto. Por este feito, as súas novelas máis célebres baséanse en amores e desamores durante o imperio faraónico. En 1992 publicou 'El sexe dels ángels' libro que orixinou unha gran polémica en moitos sectores cataláns pola súa xenial sátira á cultura catalá. Pese a todo, en 1993 "El sexe del ángels" recibiu o galardón Lletra d'Or.

Plasmou a súa biografía nunha triloxía denominada 'Memorias del peso de la paja'.

Abertamente homosexual, Moix participou en tertulias televisivas manifestándose con frecuencia respecto ó tema da sexualidade. Foron famosos algúns dos seus enfrontamentos contra o que percibía como manifestacións homofóbicas, sendo exemplo disto as súas duras críticas ó Nobel de Literatura Camilo José Cela. Escribiu no Tele-Exprés, Tele-Estel, El Correo Catalán, Destino, Nuevos Fotogramas, Serra d'Or e en El País.

Finou en abril de 2003 dun enfisema pulmonar pola súa adicción ó tabaco.

As cinzas do escritor foron dispersadas na baía de Alexandría, non lonxe do lendario Faro, e a súa obra completa foi entregada á Biblioteca de Alexandría nun acto oficial, tal como soñara o propio autor anos atrás na súa novela "El sueño de Alejandría".

O 22 de abril de 2005 iniciáronse os premios Terenci Moix.

Narrativa editar

  • La torre de los vicios capitales
  • El día que murió Marilyn
  • Olas sobre una roca desierta
  • Mundo macho
  • La caiguda de L'imperi sodomita
  • La increada conciencia de la raza o melodrama
  • Sadistic, esperpentic i adhuc metafisic
  • Nuestro Virgen de los mártires
  • Amami, Alfredo! o polvo de estrellas
  • No digas que fue un sueño
  • El sueño de Alejandría
  • Le herida de la esfinge
  • Memorias del peso de la paja
    • Extraño en el paraíso
    • El beso de Peter Pan
    • El cine de los sábados
  • Chulas y famosas
  • Mujercísimas
  • Garras de astracán
  • El sexo de los ángeles
  • El amargo don de la belleza
  • El arpista ciego

Ensaio editar

  • Iniciació a una història del cine
  • Los cómics, arte para el consumo y formas pop
  • El sadismo de nuestra infancia
  • Terenci del Nilo
  • Crónicas italianas
  • Hollywood stories (2 vols.)
  • Tres viajes románticos