Diego Tristán

futbolista español

Diego Tristán Herrera, nado en La Algaba (Sevilla) o 5 de xaneiro de 1976, é un exfutbolista español. Prolífico dianteiro, marcou preto de 200 goles durante a súa carreira e destacou especialmente no Deportivo da Coruña, club do que é o segundo máximo goleador histórico, con 110 tantos, tres menos que Chacho e dous máis que Xosé Manuel Traba. Militou seis anos no club galego, ao que chegou procedente do Mallorca no ano 2000, e gañou con el dúas Supercopas de España e a Copa do Rei 2001/02, marcando o segundo gol na histórica final coñecida como a do Centenariazo. Esa mesma tempada gañou o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Primeira División,

Modelo:BiografíaDiego Tristán

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié
1995–1998   Real Betis Balompié B 94(33)
1998–1999 Real Club Deportivo Mallorca B 39(15)
1999–2000   RCD Mallorca 35(18)
2000–2006   Deportivo da Coruña 177(87)
2006–2007   RCD Mallorca 13(0)
2007–2008 U.S. Livorno 1915 21(1)
2008–2009 West Ham United FC 14(3)
2009–2010   Cádiz CF 29(8)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2003   España 15(4)
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 183400 UEFA: 43316 Editar o valor en Wikidata

Xogou tamén na Serie A italiana, militando no Livorno, e tamén na Premier Legue inglesa, vestindo a camiseta do West Ham, antes de pechar a súa carreira no Cádiz. Foi 15 veces internacional coa selección española, coa que disputou o Mundial de 2002.

Traxectoria

editar

Afeccionado do Sevilla na súa infancia, igual que a súa familia, aos 15 anos foi descartado pola canteira do club debido á súa curta estatura.[1] Ingresou entón na canteira do outro gran equipo da cidade sevillana, o Betis. Na tempada 1995/96 subiu ao Betis B e disputou con este os 38 partidos da Segunda División B, sendo o máximo goleador do equipo con 11 tantos. Repetiu como máximo artilleiro con 11 goles na seguinte campaña e marcou outros 11 na 1997/98.

Comezou a adestrar habitualmente co primeiro equipo, dirixido por Luis Aragonés, pero as condicións contractuais que lle ofreceu o presidente Lopera parecéronlle inaceptables, polo que deixou o club no verán de 1998, cando o Mallorca pagou a súa cláusula de rescisión.[2][3][1]

Mallorca (1ª etapa)

editar

Aínda que chegou ás Illas Baleares para xogar no primeiro equipo do Mallorca, o adestrador Héctor Cúper comunicoulle que non entraba nos seus plans, polo que foi asignado ao Mallorca B, na que foi a única tempada do filial na Segunda División.[4][5] Titular indiscutible a carón de Albert Luque, formou con este unha prolífica dianteira, marcando 15 goles cada un, números que, con todo, foron insuficientes para evitar o descenso do equipo á categoría de bronce.[6]

Tralo descenso do filial subiu ao primeiro equipo, co que debutou nun partido da rolda previa da Liga de Campións ante o Molde en Son Moix o 25 de agosto de 1999, encontro no que substituíu nos minutos finais a Vicente Engonga e no que o club balear perdeu unha oportunidade histórica de acceder á máxima competición europea.[7] Tres semanas despois produciuse a súa estrea na Primeira División, no partido da terceira xornada diante do Numancia, no que xogou como titular marcando o seu primeiro gol na categoría (3-0).

Disputou un total de 46 partidos na tempada, na que o equipo adestrado por Fernando Vázquez rematou en décima posición. Máximo goleador do equipo, conseguiu 18 goles no campionato de liga, aos que sumou outros cinco na Copa da UEFA.

Deportivo da Coruña

editar

As súas destacadas actuacións en Mallorca propiciaron a súa chegada no verán de 2000 ao Deportivo da Coruña, vixente campión de liga, por uns 2400 millóns de pesetas, converténdose na fichaxe máis cara na historia do club ata aquel entón.[8]

Debutou co equipo galego o 20 de agosto do 2000, no partido de ida da Supercopa de España ante o Espanyol en Montjuïc, saltando ao terreo de xogo na segunda parte como substituto de Djalminha. No encontro de volta en Riazor saíu de titular e marcou o 2-0 definitivo, levantando así o primeiro título da súa carreira.[9][10] Un par de semanas despois foi un dos once xogadores que aliñou o adestrador Irureta no histórico debut do club na Liga de Campións, ante o Panathinaikos no Estadio Spyros Louis de Atenas.[11]

Pechou a súa primeira campaña na Coruña co subcampionato de liga e cun total de 23 goles entre todas as competicións. Foi o cuarto máximo goleador da liga con 19 dianas (entre elas tres tripletes ante Las Palmas, Real Sociedad e Oviedo), sendo superado só por Raúl, Rivaldo e Javi Moreno, e sumou outro gol na Copa do Rei. O seu primeiro gol na máxima competición europea chegou na histórica vitoria ante o PSG en Riazor, na que o Deportivo remontou un 0-3 adverso en menos de media hora.[12][13]

Os seus números melloraron aínda máis na seguinte campaña (2001/02), na que logrou a mellor cifra goleadora da súa carreira, cun total de 32 goles en 52 partidos. Os seus 21 goles na liga servíronlle para facerse co Trofeo Pichichi, con tres tantos de vantaxe sobre Kluivert e Morientes, e contribuíron a un novo subcampionato do equipo.[14] Marcou ademais seis goles na Liga de Campións, entre eles dous nun mesmo partido en Old Trafford ante o Manchester United. Na Copa do Rei foi titular a partir dos cuartos de final e marcou na prórroga o gol contra o Valladolid que clasificou ao Deportivo para as semifinais, nas que tamén conseguiu anotar. Na final contra o Real Madrid, que pasou á historia co alcume de Centenariazo, saíu de titular na dianteira, e conseguiu o segundo gol do equipo galego na primeira parte, contribuíndo a unha histórica vitoria no Santiago Bernabéu no día do centenario do club madrileño.[15][16][17]

Nas seguintes tempadas non conseguiu achegarse aos seus rexistros anteriores, pero continuou sendo o máximo goleador do equipo cada tempada, excepto na 2002/03, na que Makaay gañou a Bota de Ouro. Compartiu dianteira co seu excompañeiro no Mallorca Albert Luque e tamén con Pandiani, co que acabou tendo unha mala relación.[18] Gañou unha segunda Supercopa de España en 2002 e superou os 108 goles de Xosé Manuel Traba como o segundo máximo goleador da historia do Deportivo. É o máximo anotador do club galego na Liga de Campións, competición na que marcou 15 goles. O 3 de maio de 2006 converteu ante o Espanyol o seu 110º e derradeiro gol co club, no que militou seis tempadas, disputando un total de 254 partidos oficiais. Quedou a só tres goles do máximo goleador da historia do club, o coruñés Chacho.

Mallorca (2ª etapa)

editar

En setembro de 2006, co mercado de fichaxes xa pechado e fóra dos plans de Caparrós para a tempada 2006/07, rescindiu o seu contrato co club, despois de que este o deixase sen ficha tanto a el como a Scaloni.[19][20] Semanas máis tarde incorporouse ao Real Mallorca, que gardou unha ficha para poder contratar ao dianteiro andaluz, ficha que foi denunciada polo Deportivo, ao entender que non era legal.[21][22] A xustiza deportiva resolveu a favor do club balear e Tristán volveu vestir a camiseta vermella durante os seguintes meses, aínda tivo pouco peso no equipo dirixido por Gregorio Manzano.[23][24] Disputou un total de 16 encontros, 8 deles como titular, cun baixo rendemento e sen conseguir ningún gol.[25]

Livorno

editar

No verán de 2007, despois de expirar o seu contrato co Mallorca, ao que denunciou por deberlle diñeiro,[25] foi fichado polo Livorno italiano.[26] Chegou á Toscana para cubrir o oco deixado polo dianteiro estrela do club, Cristiano Lucarelli, pero non conseguiu cumprir as expectativas.[27] Debutou na Serie A na primeira xornada da tempada 2007/08, nunha derrota ante a Juventus, substituíndo na segunda parte a Filippini. Aínda que foi titular habitual na parte media da competición, acabou desaparecendo das convocatorias nas últimas xornadas e o equipo acabou descendendo á Serie B. Xogou un total de 22 partidos co equipo amaranto, marcando un gol.[27]

West Ham

editar

Tras rematar o seu contrato co club italiano permaneceu varios meses sen equipo, ata que en decembro de 2008 asinou co West Ham inglés, despois de estar uns días a proba e de impresionar ao adestrador Gianfranco Zola.[28][29][30] Dedicou as primeiras semanas a poñerse en forma,[30] debutando finalmente na Premier League o 8 de decembro, na 16ª xornada ante o Tottenham en Boleyn Ground.[31] Ese mesmo mes marcou o seu primeiro gol cos Irons, nun partido de liga ante o Stoke City, desviando nos minutos finais un disparo de Carlton Cole para bater ao gardameta Thomas Sørensen e darlle a vitoria ao equipo londiniense por 2-1.[32] Na parte final da tempada foi titular durante sete xornadas consecutivas e marcou outros dous goles que supuxeron catro puntos para o equipo, conseguindo o último dos seus tantos cun tiro libre directo ante o Stoke City.[33][34] Pechou o seu paso por Inglaterra con 18 partidos e 3 goles.

Cádiz

editar

En xullo de 2009, rematado xa o seu contrato co West Ham, fichou polo Cádiz da Segunda División, regresando así á súa Andalucía natal despois de 11 anos fóra.[35] Asinou contrato por unha tempada, con opción a unha segunda, e debutou na primeira xornada ante o Salamanca. O seu primeiro gol coa camiseta amarela chegou na 14ª xornada, fronte ao Celta de Vigo,[36] e aínda que non contou demasiado para os técnicos Gracia e Espárrago, aproveitou ben os minutos dos que dispuxo, rendendo a un bo nivel.[37][38] Acabou a tempada cun total de 8 tantos en 30 partidos, pero non puido evitar o descenso do equipo á Segunda División B. Ao remate da campaña deixou o club gaditano e finalmente colgou as botas, con 34 anos de idade.

Selección nacional

editar

Foi 15 veces internacional coa selección española, coa que marcou catro goles. Convocado por primeira vez por José Antonio Camacho en 2001, mentres militaba no Deportivo da Coruña,[39] debutou como internacional o 2 de xuño dese ano, na vitoria por 4-1 sobre Bosnia e Hercegovina no Carlos Tartiere. Foi titular no partido, correspondente á fase de clasificación para a Copa do Mundo, e anotou o cuarto gol do seu equipo no tempo de desconto.[40] Ao ano seguinte foi un dos elixidos por Camacho para integrar o combinado español no Mundial de 2002, disputado no Xapón e en Corea do Sur. Estreouse na cita mundial na primeira xornada, exactamente un ano despois do seu debut coa selección, saíndo de titular ante Eslovenia, e xogou tamén de inicio no partido da segunda xornada contra Paraguai. Non volveu disputar ningún minuto no torneo, caendo España nos cuartos de final contra unha das anfitrioas, Corea do Sur.

Tralo Mundial continuou na selección durante un ano máis, disputando o seu último encontro o 6 de setembro de 2003, nun amigable ante Portugal no estadio D. Afonso Henriques de Guimarães, no que marcou o terceiro e derradeiro gol (0-3).[41]

Trala retirada

editar

Trala súa retirada como futbolista dedicouse a impulsar o fútbol base na súa vila natal, La Algaba, e converteuse no presidente do club local, o Atlético Algabeño.[5] Ademais, emprendeu unha carreira como adestrador que iniciou na selección andaluza sub-16.[42] En 2013 deixou a Federación Andaluza para centrarse no Atlético Algabeño, pasando a dirixir o primeiro equipo do club, co que se proclamou campión da Primeira Andaluza na tempada 2016/17, ascendendo así á División de Honra Andaluza.[43]

Participacións en Copas do Mundo

editar
Mundial Sede Resultado
Mundial de Fútbol Corea-Xapón 2002 Corea do Sur e o Xapón Cuartos de final

Palmarés

editar
Deportivo

Individual

editar
  1. 1,0 1,1 LaLiga Santander (24 de agosto de 2016). Diego Tristán, un genio que explotó en Riazor (YouTube) (en castelán). 
  2. Ramírez, Álvaro (28 de outubro de 2011). "Tristán: "Las dos personas que más daño me han hecho son Lopera y Caparrós"" (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  3. "Del destierro de Lopera a fichaje truncado por el Madrid". As (en castelán). 10 de agosto de 2010. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  4. "El Mallorca derrota a Cúper". El País (en castelán). 8 de novembro de 1999. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 Vasco, Miguel Ángel (22 de maio de 2013). ""Florentino no me fichó por no pagar lo que se pactó con Sanz"". As (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  6. "El Mallorca B en Segunda, del liderato al descenso" (en castelán). 4 de marzo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  7. Jaume, Bauzà (28 de decembro de 2015). "El Molde, un rival maldito" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  8. Estévez, José Luis (10 de agosto de 2000). "El Deportivo, con 35 jugadores en nómina, paga 2.400 millones por Tristán". El País (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  9. "El Deportivo se impone al Espanyol (2-0) y gana su segunda Supercopa". El Mundo (en castelán). 27 de agosto de 2000. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  10. "O día que Tristán presentou as súas credenciais en Riazor". La Opinión A Coruña. 17 de maio de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  11. "Un gol de Naybet da al Dépor su primer punto en la «Champions»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 2000. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  12. Hermida, Xosé (8 de marzo de 2001). "Heroica remontada del Deportivo ante el PSG (4-3)". El País (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  13. "15 años de una remontada histórica" (en castelán). 7 de marzo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  14. Andrade, A. (12 de maio de 2002). "Tristán coge el testigo de Bebeto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  15. Cordovilla, Anna (6 de marzo de 2017). "Hoy se cumplen 15 años del ‘Centenariazo’". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  16. "Centenariazo 2002" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  17. "Copa del Rey 2001/2002 - Final". footballdatabase.eu (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  18. Quixano, Jordi (24 de setembro de 2006). ""A Tristán no le doy la mano"". El País (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  19. Miranda, Carlos (1 de setembro de 2006). "Diego Tristán y Scaloni se quedan... sin ficha". As (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  20. "El Depor rescinde los contratos de Tristán y Scaloni". El Mundo (en castelán). 4 de setembro de 2006. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 
  21. "El Deportivo alarga su guerra con Tristán" (en castelán). 16 de setembro de 2006. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  22. "El 'Depor' denuncia al Mallorca por la ficha deTristán" (en castelán). 16 de setembro de 2006. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  23. De la Cruz, Luis (28 de setembro de 2006). "Tristán y Scaloni podrán jugar". As (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  24. "Tristán dice que lo pasó mal por no contar para el Mallorca". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de febreiro de 2007. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  25. 25,0 25,1 "La peor jugada de Tristán" (en castelán). 14 de xullo de 2007. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  26. "Diego Tristán jugará en el Livorno" (en castelán). 21 de xullo de 2007. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  27. 27,0 27,1 "Diego Tristán cierra su aventura en el Livorno sin jugar y con el equipo descendido". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 2008. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  28. "Diego Tristán ficha por el West Ham" (en castelán). 15 de outubro de 2008. Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  29. "Tristán ficha por el West Ham" (en castelán). 15 de outubro de 2008. Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  30. 30,0 30,1 "Tristan ready for Hammers bow" (en inglés). 29 de outubro de 2008. Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  31. "West Ham United - Tottenham Hotspur 8/12/08". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  32. "Diego Tristán le da los tres puntos al West Ham". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de decembro de 2008. Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  33. "Tristán emerge como héroe del West Ham". El Mundo (en castelán). 18 de abril de 2009. Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  34. Rowan, Paul (2 de maio de 2009). "Diego Tristan free kick stuns Stoke City". The Times (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  35. "Diego Tristán jugará en el Cádiz". RTVE (en castelán). 24 de xulllo de 2009. Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  36. "El Cádiz se impone a un Celta inocente" (en castelán). 29 de novembro de 2009. Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  37. "Tristán deja el Cádiz "apenado" por no poder seguir más años" (en castelán). 2 de xullo de 2010. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  38. Geneiro, Álvaro (4 de xullo de 2010). "Diego Tristán deja el Cádiz CF con el reconocimiento de la afición" (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  39. "Tristán alcanza su sueño al ser convocado por Camacho". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de maio de 2001. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  40. "España derrota 4-1 a Bosnia y se acerca al Mundial de Japón y Corea" (en castelán). 3 de xuño de 2001. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  41. "España da un baile entre patadas". El País (en castelán). 6 de setembro de 2003. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  42. Varela, Pablo (15 de marzo de 2015). "La nueva vida de Diego Tristán" (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  43. "El Algabeño celebró su ascenso por todo lo alto" (en castelán). 12 de xuño de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar