Héctor Cúper

futbolista arxentino

Héctor Raúl Cúper, nado en Chabás (Santa Fe) o 16 de novembro de 1955, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección arxentina. Actualmente adestra a selección da República Democrática do Congo.

Modelo:BiografíaHéctor Cúper

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1955 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Chabás, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesEl Cabezón Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié
1976–1977 Club Ferro Carril Oeste 5(0)
1977–1978 Club Sportivo Independiente Rivadavia 6(2)
1978–1988 Club Ferro Carril Oeste 424(24)
1988–1992 CA Huracán 132(8)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1984–1984   Arxentina 3(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié
  Siria Editar o valor en Wikidata

FIFA: 299443 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Como xogador

editar

Xogou de defensor central, formando habitualmente parella, en Ferro Carril Oeste, con Juan Domingo Rocchia, e logo con Víctor Marchesini. O seu alcume "cabezón" foi porque o seu forte sempre foron os goles de cabeza. Aínda que tamén evitaba os dos seus atacantes.

Obtivo os campionatos nacionais de 1982 e 1984 con Ferro Carril Oeste. En 1988 pasa ao Club Atlético Huracán, que nese entón militaba no Nacional B. Consegue o título da tempada 1989/90 e ascende á Primeira División. Permanece na institución ata o Clausura de 1992, ano do seu retiro como futbolista profesional.

Como adestrador

editar

Como adestrador iniciou a súa carreira onde terminou a de xogador, e debuta dirixindo a Huracán na xornada 14 do Apertura 1993, consagrándose sub campión da liga arxentina no Clausura 1994, perdendo o último partido do campionato contra Independiente, nun partido no que ao seu equipo bastáballe o empate para ser campión. Aquí comeza, na súa primeira experiencia como adestrador.

En 1995 toma as rendas de Lanús e obtén un título internacional: a Copa Conmebol de 1996. Ese sería o seu primeiro título desde o banco.

En 1997 foi contratado como adestrador do Mallorca, en España. Na súa primeira termporada á fronte do modesto equipo insular, conseguiu clasificalo para a final da Copa do Rei, aínda que finalmente perderíaa contra o Barcelona por penaltis. De todos os xeitos, grazas á disputa desa final, o Mallorca conseguiu o dereito de xogar na Recopa de Europa a tempada seguinte, competición na que novamente puido disputar outra final, e que tamén perdeu, esta vez fronte ao SS Lazio, na que foi a última edición na historia da Recopa. Como o Barcelona tamén fora o campión de liga, na Supercopa de España enfrontouse ao Mallorca como subcampión de Copa. Nesta ocasión o equipo de Cúper si que logrou alzarse co trofeo. Ademais, conseguiu quedar en terceiro lugar no campionato ligueiro, o que significou o mellor resultado na historia do Mallorca ata ese momento, e a súa primeira clasificación para a Liga de Campións da UEFA.

Tras os seus dúas exitosas tempadas en Mallorca, en 1999 fichou polo Valencia CF. Aínda que co club valenciano obtivo a Supercopa de España da tempada 1999/2000, durante as súas dúas tempadas á fronte do Valencia, prolongouse a mala sorte de Cúper nas finais, xa que xogou e perdeu dúas finais consecutivas da Liga de Campións, que poderían significar o primeiro título na máxima competición europea para o Valencia. A final do ano 2000 perdeuna fronte ao Real Madrid, na cidade de París. E na edición de 2001, fronte ao Bayern de Múnic, no estadio de San Siro de Milán. Con todo En 2001, Cúper decidiu probar sorte adestrando en Italia, ao Inter de Milán. Dirixiu ao conxunto milanés dúas tempadas completas, conseguindo quedar en terceira e segunda posición do campionato italiano. Con todo, na súa terceira tempada, foi destituído do equipo cando levaban xogadas seis xornadas do campionato, e o equipo marchaba en oitava posición da clasificación.

Logo dun ano afastado dos bancos, asumiu o reto de dirixir de novo ao Mallorca na tempada 2004-05, collendo ao conxunto balear, na décima xornada do campionato, en postos de descenso de categoría. Cando acabou a liga, o equipo dirixido por Cúper logrou evitar o descenso na última xornada. Pero os malos resultados tamén acompañaron ao Mallorca na seguinte tempada, a pesar do gran número de fichaxes aterradas na illa da man de Cúper. Finalmente o técnico decidiu pór fin ao seu traballo en Mallorca en febreiro de 2006, co equipo situado na última posición da liga española. Dirixiu ao Real Betis durante as primeiras 14 xornadas da tempada 2007/2008, pero foi cesado tras perder fronte ao Atlético de Madrid por 0-2 o 2 de decembro de 2007. O equipo ocupaba a penúltima posición da clasificación de Primeira. Despois fichou por AC Parma pero foi destituído unha semana antes de que se consumase o seu descenso á Serie B italiana.

O 1 de agosto de 2008, Cúper foi contratado pola Selección de fútbol de Xeorxia. Debido a que non puido gañar ningún partido como adestrador de Xeorxia, decidiu non prolongar o contrato que expirou en decembro de 2009.

O 3 de novembro de 2009 Cúper acordou continuar a súa carreira como adestrador no club grego Aris Salónica FC ata o final da tempada 2009-2010. O 15 de decembro de 2009 Cúper estendeu o seu contrato con Aris Salónica FC ata xuño de 2011. O 24 de abril Cúper perdeu outra final, esta vez na Copa grega de fútbol contra o Panathinaikos, continuando coa súa serie negativa en finais.

Na tempada 2010-2011, Héctor Cúper conduciu ao Aris á súa primeira participación na fase de 32 equipos da UEFA Europa League, obtendo o 2º lugar no grupo B con 10 puntos, tras dúas sorprendentes vitorias ante o Atlético de Madrid.

O 18 de xaneiro de 2011 logo dalgúns malos resultados en Grecia, Héctor decidiu dimitir do seu cargo como DT.[1]

O 30 de xuño de 2011 Cúper foi presentado como novo adestrador do Racing de Santander.[2] O 29 de novembro dimitiu tras unha serie de malos resultados.[3]

Palmarés

editar

Como xogador

editar
Título Club País Ano
Campionato Nacional Ferro Carril Oeste Arxentina 1982
Campionato Nacional Ferro Carril Oeste Arxentina 1984

Como adestrador

editar
Título Club País Ano
Copa Conmebol Lanús Arxentina 1996
Supercopa de España Mallorca España 1998
Supercopa de España Valencia España 1999

Distincións individuais

editar
Distinción Ano
Segundo mellor adestrador do ano segundo a IFFHS 2000
  1. "Héctor Cúper dimite de maneira sorprendente". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2014. Consultado o 03 de xullo de 2011. 
  2. "Cúper, novo adestrador do Racing de Santander". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2011. Consultado o 03 de xullo de 2011. 
  3. "Cúper dimite como técnico del Racing"

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar