Real Racing Club de Santander

club de fútbol español
(Redirección desde «Racing de Santander»)

O Real Racing Club de Santander, S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Santander, en Cantabria. Foi fundado o 14 de xuño de 1913 e compite na Segunda División Española. É o único equipo cántabro que xogou na Primeira División, na que ocupa o 14.° posto na clasificación histórica despois de disputar 44 tempadas.

Racing de Santander
NomeReal Racing Club de Santander, S.A.D.
Alcume(s)Racing;
Racinguistas;
Verdiblancos;
Montañeses
Fundación14 de xuño de 1913 (110 anos)
EstadioEl Sardinero,
Santander, España
Inauguración1988
Capacidade22.500
PresidenteEspaña Alfredo Pérez
AdestradorEspaña Guillermo Fernández Romo
LigaSegunda división española de fútbol
Segunda división española 23/24 (A),
(D),
Na rede
http://www.realracingclub.es/
Facebook: realracingclub Twitter: realracingclub Instagram: realracingclub Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Foi subcampión de Liga na tempada 1930–31 e semifinalista da Copa do Rei en dúas ocasións (2007/08 e 2009/10). Logo de finalizar en sexta posición na tempada 2007–08, o Racing xogou por primeira vez na súa historia a Copa da UEFA. Sete dos seus xogadores foron internacionais coa selección española.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta branca con detalles verdes e negros, pantalón negro e medias verdes con volta branca.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verdinegra, pantalón verdinegro, media dereita verde e media esquerda negra.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul claro e vermella, pantalón branco con detalles azul e vermello e medias brancas con liñas azul e vermella.

Datos do club editar

 
Encontro de liga da segunda división B 2016/17 entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander.

Historial por tempadas editar

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2011/12 20.º 1/8 de final
2012/13 20.º 3.ª rolda
2013/14 2ªB 1.º 1/4 de final
2014/15 19.º
2015/16 2ªB 1.º 1.ª rolda
2016/17 2ªB 2.º 1/16 de final
2017/18 2ªB 5.º 1.ª rolda
2018/19 2ªB 1.º 1/16 de final
2019/20 22.º 1.ª rolda
2020/21 2ªB

Estadio editar

 
El Sardinero.

Disputa os seus partidos oficiais nos Campos de Sport de El Sardinero, coñecido normalmente coma El Sardinero, situado próximo á praia santanderina do mesmo nome, sendo propiedade do concello de Santander. O estadio inaugurouse en 1988. Dispón de 22.500 localidades, todas elas de asento. As dimensións do terreo de xogo son 105 por 68 metros.

Xogadores editar

Categoría principal: Xogadores do Racing de Santander

Cadro actual editar

Datos do 2 de setembro de 2013
Posto País Xogador
POR   Mario Fernández
POR   Dani Sotres
POR   Sergio Pérez
DEF   Francis
DEF   Agustín
DEF   Saúl
DEF   Oriol Lozano
DEF   Pedro Orfila
DEF   Javi Barrio
DEF   Javi Soria
DEF   Iban Zubiaurre
Posto País Xogador
DEF   Juanpe
MED   Borja Granero
MED   Andreu
MED   Ander Lafuente
MED   Rubén Durán
MED   Iñaki Sáenz
MED   Miguel Ángel Nieto
DIA   Mamadou Koné
DIA   David Miguélez
DIA   Mariano Sanz
DIA   John-Christophe Ayina

Cedidos editar

Posto País Xogador
DEF   Gonzalo Herrero (ao Tropezón)

Palmarés editar

Torneos rexionais editar

Torneos nacionais editar

Torneos amigables editar

Filial editar

O Racing de Santander B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1926 e conseguiu ascender a Segunda B na tempada 2005-06, aínda que agora xoga na Terceira División Española. O Rayo Cantabria é actualmente o segundo filial do Racing de Santander.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar