Club Atlético de Madrid
O Club Atlético de Madrid S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.
Atlético de Madrid | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Atlético de Madrid, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Atleti, Colchoeiros[1] | |||
Fundación | 26 de abril de 1903 | |||
Estadio | Wanda Metropolitano, Madrid, España | |||
Inauguración | 16 de setembro de 2017 | |||
Capacidade | 67.829 | |||
Presidente | Enrique Cerezo | |||
Adestrador | Diego Simeone | |||
Liga | Primeira División | |||
2020–21 | 1º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
atleticodemadrid.com | ||||
| ||||
O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (11), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.
Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta vermella e branca a franxas verticais, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón vermella e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul claro, pantalón e medias azul claro.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Metropolitano.
O Atlético de Madrid xoga de local no Estadio Metropolitano, coñecido por motivos de patrocinio como Wanda Metropolitano, propiedade do club. Inaugurado o 16 de setembro de 2017, ten unha capacidade de 67.829 espectadores. Ata 2017 xogaba no Estadio Vicente Calderón, inaugurado en 1966, e anteriormente no Estadio Metropolitano de Madrid.
O Club Atlético de Madrid B, pola súa banda, xoga de local no Miniestadio Cerro del Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.500 espectadores aproximadamente, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda.
Datos do club
editarÚltimas tempadas
editarTempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | LC | RE | UEFA |
---|---|---|---|---|---|---|
1989/90 | 1ª | 4º | 1/8 | 1/38 | ||
1990/91 | 1ª | 2º | 1/32 | |||
1991/92 | 1ª | 3º | 1/4 | |||
1992/93 | 1ª | 6º | 1/8 | Semifinal | ||
1993/94 | 1ª | 12º | 1/8 | 1/16 | ||
1994/95 | 1ª | 14º | 1/4 | |||
1995/96 | 1ª | 1º | ||||
1996/97 | 1ª | 5º | 1/4 | 1/4 | ||
1997/98 | 1ª | 7º | 1/8 | Semifinal | ||
1998/99 | 1ª | 13º | Subcampión | Semifinal | ||
1999/00 | 1ª | 19º | Subcampión | 1/8 | ||
2000/01 | 2ª | 4º | Semifinal | |||
2001/02 | 2ª | 1º | 1/32 |
Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | LC | UEFA |
---|---|---|---|---|---|
2002/03 | 1ª | 12º | 1/4 | ||
2003/04 | 1ª | 7º | 1/4 | ||
2004/05 | 1ª | 11º | Semifinal | 1/16 | |
2005/06 | 1ª | 10º | 1/8 | ||
2006/07 | 1ª | 7º | 1/8 | ||
2007/08 | 1ª | 4º | 1/4 | 1/16 | |
2008/09 | 1ª | 4º | 1/8 | 1/8 | |
2009/10 | 1ª | 9º | Subcampión | ||
2010/11 | 1ª | 7º | 1/16 | ||
2011/12 | 1ª | 5º | 1/16 | ||
2012/13 | 1ª | 3º | 1/16 | ||
2013/14 | 1ª | 1º | 1/2 | Subcampión | |
2014/15 | 1ª | 3º | 1/4 | 1/4 |
Xogadores
editarCadro actual
editarActualizado a 27 de xuño de 2020.
|
|
- Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Atlético de Madrid B e como tales, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.
Historia
editarXogadores míticos
editarPresidencia
editarO actual presidente do Club Atlético de Madrid é Enrique Cerezo, un produtor cinematográfico que asumiu o cargo no ano 2003, trala dimisión de Jesús Gil.
|
|
Palmarés
editarTorneos rexionais
editar- Campionato Rexional (4): 1920-21, 1924-25, 1927-28 e 1939-40
- Copa Presidente Federación Castellana (1): 1940-41
Torneos nacionais
editar- Liga de España (11): 1939–40, 1940–41, 1949–50, 1950–51, 1965–66, 1969–70, 1972–73, 1976–77, 1995–96, 2013–14, 2020–21
- Copa do Rei (10): 1959–60, 1960–61, 1964–65, 1971–72, 1975–76, 1984–85, 1990–91, 1991–92, 1995–96, 2012–13
- Supercopa de España (2): 1985, 2014
- Copa Eva Duarte (2): 1940, 1951
- Copa Presidente Federación Española de Fútbol (1): 1947
- Segunda División (1): 2001–02
- Subcampión da Liga de España (8): 1943–44, 1957–58, 1960–61, 1962–63, 1964–65, 1973–74, 1984–85, 1990–91
- Subcampión da Copa do Rei (9): 1921, 1926, 1956, 1964, 1975, 1987, 1999, 2001, 2009–10
- Subcampión de Copa da Liga (2): 1984, 1985
- Subcampión da Supercopa de España (4): 1991, 1992, 1996, 2013
- Subcampión da Copa Eva Duarte (1): 1950
- Subcampión de Segunda División (2): 1932–33, 1933–34
Torneos internacionais
editar- UEFA Europa League (3): 2009–10, 2011–12, 2017–18
- Supercopa de Europa (3): 2010, 2012, 2018
- Recopa de Europa (1): 1961-62
- Copa Intercontinental (1): 1975
- Copa Intertoto da UEFA (1): 2007
- Copa Ibérica (1): 1991
- Subcampión da Copa de Europa/Liga de Campións (3): 1973-74, 2013-14, 2015-16
- Subcampión da Recopa de Europa (2): 1962-63, 1985-86
- Subcampión da Supercopa de Europa (1): 2014
- Subcampión da Copa Intertoto (1): 2004
Filial
editar- Artigo principal: Club Atlético de Madrid B.
Notas
editar- ↑ Televisión de Galicia (12/07/2014). "Mandzukic exerce xa como colchoeiro". Arquivado dende o orixinal o 04/12/2014. Consultado o 01/12/2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)
- Asociación Señales de Humo[Ligazón morta] (en castelán) Asociación de afeccionados do Atlético de Madrid