Recopa de Europa de fútbol
A Recopa de Europa da UEFA (ata 1994 Copa de Europa de Campións de Copa), chamada tamén Copa de Campións de Copa ou simplemente Recopa de Europa, é unha competición de fútbol organizada pola UEFA que, durante 39 tempadas, disputaron os vencedores das competicións de Copa dos diferentes países europeos.
Recopa de Europa | |
---|---|
Fundación | 1960 |
Rexión | Europa (UEFA) |
Equipos | 32 |
Máis laureado | ![]() |
Foi inaugurada en 1960, sendo a ACF Fiorentina o primeiro campión da competición. A Recopa estaba considerada pola UEFA como a segunda competición entre clubs máis importante de Europa, despois da Copa de Europa e por diante da Copa da UEFA.
O formato da competición era idéntico ao da Copa de Campións de Europa orixinal: 32 equipos enfrontados en catro roldas de eliminacións directas a dobre partido, disputándose a final a partido único desde a segunda edición, en 1962. O vencedor da Recopa tiña dereito a disputar a Supercopa de Europa, fronte ao campión da Copa de Europa. Clasificábase para xogar a Recopa:
- O campión de Copa de cada país membro da UEFA.
- O campión vixente da Recopa, para poder defender o seu título. Se o campión lograba clasificarse para disputar a Copa de Europa, a súa praza na Recopa quedaba vacante.
- O finalista da competición de Copa dun país, no caso de que o campión acadara o dobrete (gañando a Liga e a Copa do seu país), co cal se tiña clasificado para a Copa de Europa.
- Nunha soa ocasión xogou un equipo non incluído nestes tres casos, o SC Heerenveen, semifinalista da competición de copa holandesa de 1998, que pasou a xogar a Recopa da tempada seguinte ao terse clasificado os dous finalistas (Ajax e PSV Eindhoven) para a Copa de Europa, non sen antes disputar unha eliminatoria co outro semifinalista.
A competición celebrou a súa última edición en 1999, debido a que a UEFA reestructurou as competicións europeas de clubs para dar máis protagonismo á Copa de Europa, que pasou a denominarse Liga de Campións, deixando de ser unha competición exclusiva dos campións de liga para dar entrada a máis clubs.
O club con máis títulos da Recopa no seu palmarés é o Futbol Club Barcelona, que a conquistou en catro ocasións: 1979, 1982, 1989 e 1997. Por outra banda, ningún campión da Recopa logrou, nos seus 39 anos de historia, gañar o título dous anos consecutivos; tal foi así que en oito ocasións (1962, 1963, 1974, 1977, 1988, 1994, 1995 e 1997) o campión vixente chegou á final, só para perdela.
Historial de finaisEditar
TítulosEditar
Por equipoEditar
Por paísEditar
País | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
Inglaterra | 8 | 5 |
España | 7 | 7 |
Italia | 7 | 4 |
Alemaña | 5 | 6 |
Bélxica | 3 | 4 |
Escocia | 2 | 2 |
Ucraína | 2 | 0 |
Francia | 1 | 2 |
Portugal | 1 | 1 |
Países Baixos | 1 | 1 |
Eslovaquia | 1 | 0 |
Xeorxia | 1 | 0 |
Austria | 0 | 3 |
Hungría | 0 | 2 |
Polonia | 0 | 1 |
Rusia | 0 | 1 |
EstatísticasEditar
Equipos españoisEditar
Equipo | Participacións | Gañador |
---|---|---|
Barcelona | 13 | 4 |
Atlético de Madrid | 9 | 1 |
Zaragoza | 5 | 1 |
Real Madrid | 4 | |
Valencia | 3 | 1 |
Athletic Club | 2 | |
Betis | 2 | |
Sevilla | 1 | |
Real Madrid Castilla | 1 | |
Real Sociedad | 1 | |
Deportivo da Coruña | 1 | |
Valladolid | 1 | |
Mallorca | 1 |
NotasEditar
- ↑ Final disputada a dobre partido. O resultado en letra grosa corresponde ao do partido disputado no estadio do equipo campión.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Final decidida nun partido de desempate.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Resultado final logo de ter xogado a prórroga.
- ↑ Final decidida na quenda de penaltis.