Abrir o menú principal

West Ham United F.C.

(Redirixido desde "West Ham United")

O West Ham United Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Londres. Foi fundado en 1895 e compite na Premier League.

West Ham United
West Ham Vs Birkrikara (19933880632).jpg
NomeWest Ham United Football Club
Alcume(s)The Irons,
The Hammers,
The Academy of Football
Fundación1895
EstadioEstadio Olímpico,
Londres, Inglaterra
Inauguración2011
Capacidade60.000
PresidenteInglaterra David Sullivan
AdestradorCroacia Slaven Bilić
LigaPremier League
2015–16
VestimentaUmbro
PatrocinadorBetway
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

HistoriaEditar

 
Imaxe do West Ham no ano da súa fundación.

O West Ham foi fundado en 1895 co nome de Thames Ironworks and Shipbuilding Co. Ltd. En 1900 cambiouse o nome polo actual. No ano 1919 o West Ham foi seleccionado para participar da Football League Second Division, ascendendo á First Division no ano 1923, mesmo ano en que o club chegou á final da FA Cup, a primeira que se xogou no Estadio de Wembley, na final coñecida como a do cabalo branco, a cal gañou o Bolton Wanderers por 2:0.

Nos Anos 60 a prensa inglesa denominou ao club The Academy of Football, debido á cantidade de novos talentos que procedían da súa canteira.

En 1964 gañou o seu primeiro título, a Copa de Inglaterra.

En 1965 conquistou o seu primeiro título continental: a Recopa de Europa, vencendo na final ao alemán Múnic 1860. Volveu reeditar os seus loureiros nacionais, en 1975, gañando de novo a Copa inglesa. Só unha tempada despois, volveu chegar a unha final da Recopa, pero a perdeu ante o RSC Anderlecht belga.

A única etapa gloriosa do club data de 1980 e de 1981. Neses anos, o club estaba sumido na segunda división, e primeiro, logrou por terceira vez o trofeo da FA, e o seguinte ano, a liga de segunda división, co que desde 1981 ata 2003, mantéñense en primeira. Ascenderon en 2004, e ata agora seguen na máxima categoría.

A súa última alegría continental chegou en 1999, cando gañou a Copa Intertoto, o que lle permitiu disputar a Copa UEFA.

No ano 2006 alcanza novamente a final da FA Cup contra o Liverpool. Ata o minuto 90 o marcador mantíñase 2-3 a favor do West Ham, pero un disparo de longa distancia de Steven Gerard deulle o empate aos Reds. Logo, na quenda de penaltis, Aston Ferdinand fallou o último lanzamento, polo cal o Liverpool coroouse novamente campión de Copa nunha final histórica e recordada como unha traxedia polos afeccionados londinenses.

O 15 de maio do 2011 o West Ham xógase a permanencia en Primeira Division fronte ao Wigan Athletic, xornada 37 da tempada. West Ham comeza o primeiro tempo gañando 2-0, dándolle esperanzas á xente de que talvez podían salvarse, pero durante a segunda metade o Wigan aproveito fállalas da defensa, para así darlle a volta ao marcador 3-2 e pór o último cravo no ataud ao West Ham, co cal empacarán maletas e iranse a Segunda División.

XogadoresEditar

Categoría principal: Xogadores do West Ham United FC.

Cadro actualEditar

Actualizado a 31 de agosto de 2016.[1]

Posto País Xogador
1 POR   Darren Randolph
2 DEF   Winston Reid  
3 DEF   Aaron Cresswell
4 DEF   Håvard Nordtveit
5 DEF   Álvaro Arbeloa
7 MED   Sofiane Feghouli
8 MED   Cheikhou Kouyaté
9 DIA   Andy Carroll
10 MED   Manuel Lanzini
11 DIA   Simone Zaza
13 POR   Adrián San Miguel
14 MED   Pedro Obiang
15 DIA   Diafra Sakho
16 MED   Mark Noble  
Posto País Xogador
17 MED   Gökhan Töre
19 DIA   James Collins
20 DIA   André Ayew
21 DEF   Angelo Ogbonna
22 DEF   Sam Byram
24 DIA   Ashley Fletcher
26 DEF   Arthur Masuaku
27 MED   Dimitri Payet
28 DIA   Jonathan Calleri
30 MED   Michail Antonio
31 MED   Edimilson Fernandes
34 POR   Raphael Spiegel
35 DEF   Reece Oxford

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

Torneos internacionaisEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  1. "First team squad". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de xaneiro de 2017.