Década de 1960
(Redirección desde «Anos 1960»)
A década de 1960 foi o período de tempo entre 1 de xaneiro de 1960 e 31 de decembro de 1969.
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
1960
- Artigo principal: 1960.
- 1 de xaneiro, Cuba, a revolución socialista nacionaliza a United Fruit Company.
- 1 de xaneiro, Benín independízase de Francia.
- 1 de xaneiro, Camerún independízase de Francia.
- 4 de xaneiro, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Suíza, Austria e Portugal firman en Londres o tratado fundacional da Comunidade Europea de Libre Cambio (EFTA).
- 16 de agosto, Chipre independízase do Reino Unido.
1961
- Artigo principal: 1961.
Xaneiro
- 2 de xaneiro - A URSS pon en circulación o novo rublo soviético.
- 3 de xaneiro - Os Estados Unidos rompe relacións diplomáticas con Cuba.
- 13 de xaneiro - Un equipo de médicos dirixido polo italiano Daniele Petrucci logra varias fecundacións de óvulos humanos nunha probeta.
- 20 de xaneiro - Toma de posesión do Presidente John F. Kennedy nos Estados Unidos.
- 21 de xaneiro - Un grupo de portugueses e galegos asalta o Santa María, nun intento de derrocar as ditaduras de Francisco Franco e Salazar, comandados por Henrique Galvão.
- 24 de xaneiro - Marilyn Monroe e Arthur Miller divórcianse tras cinco anos de matrimonio.
- 31 de xaneiro - Toma de posesión do Presidente Jânio Quadros no Brasil.
Febreiro
- 1 de febreiro - Os EUA lanzan o Minuteman, primeiro mísil intercontinental con carburante sólido.
- 3 de febreiro - A República Popular da China realiza compras de cebada e trigo ao Canadá por valor de 60 millóns de dólares, co fin de paliar a escaseza de gran no país.
- 4 de febreiro - Asalto ao cárcere de Luanda e a un escuadrón de polícia por parte de militantes do MPLA, causando algúns mortos, e que marcou o inicio da loita armada pola independencia daquela antiga colonia portuguesa, e o inicio da Guerra Colonial Portuguesa, xa que pouco tempo despois o conflito arrastrouse as restantes colonias africanas. O actual Aeroporto Internacional de Luanda ten o nome de "4 de Fevereiro" para sinalar esa data histórica.
- 11 de febreiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República do Congo, é asasinado. Máis tarde o goberno belga admitiu ter tido “unha irrefutable porción de responsabilidade nos acontecementos que conduciran á morte de Lumumba”; en xullo de 2002, documentos publicados polo goberno americano revelaron que a CIA xogou un papel no asasinato de Lumumba, axudando os seus adversarios con diñeiro e apoio político e, no caso de Mobutu, con armas e apoio militar.
- 12 de febreiro - Lánzase a primeira sonda a Venus, a soviética Venus I.
- 15 de febreiro - Morre a totalidade do equipo estadounidense de patinaxe sobre xeo ao estrelarse o avión no que viaxaban.
- 18 de febreiro - Estréase en Barcelona O sétimo selo (rodada en 1956), o primeiro filme do director sueco Ingmar Bergman autorizado en España pola censura.
- 19 de febreiro - A embaixada de Bélxica no Cairo é saqueada por estudantes en protesta polo anuncio do asasinato de Lumumba.
- 22 de febreiro - Prodúcese un incendio nunha fábrica na madrileña Ponte de Vallecas no que morren 23 persoas.
- 23 de febreiro - O Consello de Seguridade da ONU emite a primeira resolución condenatoria da política colonialista de António de Oliveira Salazar.
- 25 de febreiro - Asínase o contrato para a construción da Ponte sobre o Río Texo, en Lisboa, coa United States Steel Export Company.
Marzo
- 3 de marzo - Hassan II é coroado rei de Marrocos.
- 6 de marzo - Publicación da primeira páxina de 13, Rue do Percebe na revista de historietas española Tíovivo.
- 19 de marzo - Celébrase en Cannes a VI edición do Festival de Eurovisión, no que debuta España con Conchita Bautista e gana Luxemburgo con Jean-Claude Pascal
Abril
- 7 de abril - Demóstrase por primeira vez que algúns tumores humanos poden estar provocados por infeccións víricas.
- 12 de abril - O soviético Iuri Gagarin, primeiro home no espazo.
- 15 de abril - Invasión de Baía de Cochinos, por exiliados cubanos coa axuda da CIA. Termina en desastre o 19 de abril.
- 18 de abril - Sinatura da Convenión de Viena sobre Relacións Diplomáticas, CVRD.
- 27 de abril - Serra Leoa alcanza a independencia.
Maio
- 5 de maio - Alan B.Shepard, primeiro americano no espazo.
- 14 de maio - Estados Unidos: o ómnibus dos Freedom Riders é incendiado preto de Anniston, Alabama e os defensores dos dereitos civís son golpeados por unha multitude de estadounidenses racistas.
Xuño
- 19 de xuño - Kuwait declara a súa independencia do Reino Unido.
Xullo
- 15 de xullo - A alemá Marlene Schmidt é elixida Miss Universo.
Agosto
- 13 de agosto - Inicio da construción do Muro de Berlín que parte en dous a capital alemá.
- 24 de agosto - Guerra Colonial: Inicio dunha operación conxunta, con avións, paracaidistas e forzas terrestres, na serra de Canda (Angola).
- 25 de agosto - Renuncia de Jânio Quadros. Crise política no Brasil.
Setembro
- 7 de setembro - Réxime parlamentario no Brasil. Toma de posesión de João Goulart. Tancredo Neves preside o primeiro Consello de Ministros.
Outubro
- 30 de outubro - Detonación da maior bomba nuclear da historia, a Tsar Bomba, pola Unión Soviética.
Novembro
- 9 de novembro - A británica Rosemarie Frankland é elixida Miss Mundo.
Decembro
Ciencia e tecnoloxía
- A compañía estadounidense Procter & Gamble crea os primeiros cueiros de celulosa, que denomina Dodotis.
1962
- Artigo principal: 1962.
- 1 de xaneiro - República Dominicana, tras a morte do ditador Trujillo, asume o poder o Consello de Estado, presidido por Joaquín Balaguer.
- 1 de xaneiro - Samoa alcanza a súa independencia.
- 3 de xaneiro - O Papa Xoán XXIII excomunga a Fidel Castro.
- 5 de xullo - Alxeria alcanza a súa independencia.
- 3 de agosto - Trinidad e Tobago alcanza a súa independencia.
- 6 de agosto - Xamaica tornase independente do Reino Unido.
- 29 de setembro - Lanzamento do primeiro satélite artificial canadense, Alouette 1.
- 11 de outubro - Inaugúrase o Concilio Vaticano II.
- 22 de outubro - O presidente Kennedy ordena á mariña de guerra dos Estados Unidos o bloqueo de Cuba ata que a URSS retire os mísiles instalados na illa.
- 31 de outubro - Lanzamento do satélite artificial estadounidense Anna.
- O Castro de Elviña, na Coruña, foi declarado Monumento Histórico Artístico.
1963
- Artigo principal: 1963.
- Constitúese Ediciós do Castro dentro do Grupo Sargadelos.
- 22 de marzo - O grupo británico The Beatles edita o seu primeiro disco, Please, please me.
- 16 de abril - Lanzamento do Vostok 6 (URSS), coa primeira muller astronauta, Valentina Tereshkova.
- 24 de maio - Inaugúrase na Coruña o Aeroporto de Alvedro.
- 25 de maio - Fundación en Adís Abeba (Etiopía) da Organización da Unidade Africana.
- 28 de agosto - Martin Luther King pronuncia o seu afamado discurso "I Have a Dream" (Teño un soño) fronte ó Monumento a Lincoln durante a Marcha en Washington polo traballo e a liberdade.
- 28 de setembro - Lanzamento do satélite artificial estadounidense Transit 5E1.
- 12 de setembro - O ditador militar Francisco Franco inaugura a fábrica da Empresa Nacional de Celulosas en Lourizán.[1]
- 12 de decembro - Kenya consegue a independencia.
1964
- Artigo principal: 1964.
Xaneiro
- 1 de xaneiro - Iniciase o 1º Plan de Desenvolvemento en España.
- 4 de xaneiro - O Papa Paulo VI visita Xerusalén, onde se entrevista co Patriarca de Constantinopla e xefe da Igrexa Ortodoxa grega, Atenágoras.
Febreiro
- 1 de febreiro - En EE. UU., os Beatles alcanzan por primeira vez o primeiro lugar nas listas discográficas, coa canción I Want to Hold Your Hand.
- 2 de febreiro - A sonda estadounidense Ranger VI chega á Lúa, pero non consegue retransmitir imaxes a causa dunha avaría na cámara.
- 2 de febreiro - Detención de sete activistas do Partido Nacionalista Vasco.
- 3 de febreiro - En Nova York (EE. UU.) en protesta contra a discriminación racial nas escolas, grupos de negros e portorriqueños boicotean as escolas públicas.
- 6 de febreiro - O goberno socialista cubano córtalle a auga á base naval estadounidense de Guantánamo como resposta ao secuestro de catro barcos de pesca cubanos ante as costas de Florida (o 2 de febreiro).
- 7 de febreiro - En Jackson (Mississippi, EE. UU.) un xurado non se pon de acordo no veredicto contra Byron De La Beckwith polo asasinato de Medgar Evers (en xuño de 1963).
- 7 de febreiro - O inmunólogo estadounidense Thomas Marchioro informa de que o soro antilinfocitos obtido de cabalos mitiga a reacción de rechazo dos transplantes de ril.
- 7 de febreiro - Un incendio asola unha gran parte das illas australianas de Tasmania e causa 52 mortos.
- 7 de febreiro - The Beatles chegan por primeira vez a Nova York.
- 7 de febreiro - A diocese de León cede ao INI o convento de San Marcos.
- 9 de febreiro - En EE. UU., The Beatles e Richard Terrance McDermott (corredor olímpico estadounidense) aparecen por primeira vez en The Ed Sullivan Show.
- 9 de febreiro - En Innsbruck (Austria) conclúen os Xogos Olímpicos de Inverno.
- 9 de febreiro - Anúnciase oficialmente o compromiso matrimonial entre o príncipe español Carlos Hugo de Borbón-Parma e a princesa holandesa Irene de Orange-Nassau.
- 11 de febreiro - En Chipre, tropas gregas e turcas combaten en Limasol.
- 11 de febreiro - O goberno de Taiwán corta relacións diplomáticas con Francia, debido a que os franceses recoñeceron á República Popular da China.
- 13 de febreiro - Asínase un acordo pesqueiro e comercial entre España e Mauritania.
- 15 de febreiro - En Barcelona, grande éxito da obra teatral María Rosa, de Ángel Guimerà, interpretada en catalán pola compañía de Núria Espert.
- 17 de febreiro - En EE. UU., en Wesberry v. Sanders (376 US 1 1964), a Suprema Corte declara que os distritos congresais deben ter aproximadamente a mesma poboación.
- 18 de febreiro - O goberno de EE. UU. pide explicacións ao goberno español acerca das relacións que mantén con Cuba.
- 19 de febreiro - Paul Simon escribe The Sounds of Silence.
- 19 de febreiro - Georgios Papandreu xura o cargo de presidente de Grecia ante o rei Paulo I.
- 19 de febreiro - Recóbrase o cadro de Rubens Cabezas de negros, que fora roubado do museo de Bruxelas.
- 21 de febreiro - No teatro Reina Victoria (de Madrid) estréase Nos venden el piso, de Alfonso Paso.
- 28 de febreiro - En Istambul (Turquía) Turgut Erenerol é nomeado segundo patriarca da Igrexa Ortodoxa Turca, co nome de Eftim II.
- 29 de febreiro - O presidente estadounidense Lyndon B. Johnson anuncia que creou un avión (o A-11), capaz de voar a máis de 3200 km/h a máis de 20 km de altura.
Marzo
- 27 de marzo - o Terremoto Good Friday, o máis potente da historia de EE. UU., con 9,2 puntos da escala Richter, mata a 125 persoas e desfai a cidade de Anchorage (Alasca).
Abril
- 1 de abril - Golpe de estado no Brasil, coa toma do poder polos militares.
- 2 de abril - O cargo de Presidente do Brasil, conforme a constitución da época, é declarado vacante polo congreso, sendo substituído polo deputado federal Ranieri Mazzilli.[2]
- 15 de abril, o Xeneral Humberto de Alencar Castelo Branco asume o cargo de Presidente do Brasil, empezando a lista de presidentes do Goberno militar do Brasil.[3]
Maio
- 1 de maio, ás 4h, John George Kemeny e Thomas Eugene Kurtz executaron o primeiro programa escrito en BASIC (Beginners' All-purpose Symbolic Instruction Code), unha linguaxe de programación de alto nivel e de apredizaxe doada creada por eles e que, no futuro, sería implementada en varias versións nos máis diversos ordenadores.[4]
Xuño
- 25 de xuño - Fundación da Unión do Pobo Galego, UPG.
Xullo
- 17 de xullo - Malcolm X fala perante a Organización para a Unidade Africana.
Setembro
- 11 de setembro. Inaugúrase a refinaría da Coruña.[5]
Decembro
- 10 de decembro, Martin Luther King recibe o Premio Nobel.
- 11 de decembro, Che Guevara fai un discurso na ONU.
1965
- Artigo principal: 1965.
- 1 de xaneiro: Permitese en España o uso nas celebracións litúrxicas do Evanxeo e as epístolas nas linguas vernáculas.
- 2 de xaneiro: Ayub Khan é elixido presidente de Paquistán.
- Febreiro: prohíbese publicar na prensa española arredor da doutrina en galego.
- 29 de novembro - Lanzamento do satélite artificial canadense Alouette 2.
- 16 de decembro - Lanzamento de Pioneer 6 para estudar o espazo interplanetario.
1966
- Artigo principal: 1966.
- 2 de xaneiro - René Barrientos Ortuño inicia o seu terceiro mandato coma presidente de Bolivia.
- 17 de xaneiro - Incidente de Palomares: colisión de dous avións estadounidenses sobre Almería. Caen catro bombas atómicas no mar, tres nas proximidades de Palomares e outra preto de Almería.
- 3 de febreiro - A sonda soviética Luna 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.
- 15 de maio - Homenaxe de despedida ao poeta Celso Emilio Ferreiro, que marchaba a Venezuela, no Hotel Roma de Ourense.
- 17 de agosto - Lanzamento de Pioneer 7 para o estudo do espazo interplanetario.
- 9 de decembro - A NBC comeza a emitir a serie de ficción científica Star Trek.
1967
- Artigo principal: 1967.
- 8-26 de xaneiro - Operación Cedar Falls, na cal 14 000 soldados estadounidenses e 16 000 de Vietnam do Sur estiveron involucrados.
- 15 de xaneiro - Primeira participación do Reino Unido nas negociacións da Comunidade Económica Europea.
- 26 de xaneiro - O Parlamento Británico decide nacionalizar o 90% da industria do aceiro do país.
- 27 de xaneiro - Incendio do Apollo 1 durante un ensaio que causa a morte de tres astronautas.
- 5 de febreiro - O xeneral Anastasio Somoza Debayle torna presidente de Nicaragua.
- 22 de febreiro - Suharto toma o poder de Sukarno na Indonesia.
- 1 de marzo - A policia brasileira captura Franc Paul Stangli, ex-comandante dos campos de concentración de Treblinka e Sobibór.
- 4 de abril - Martin Luther King denuncía a Guerra de Vietnam durante un sermón en Nova York.
- 28 de abril - En Houston, Texas, o boxeador Cassius Clay recusa prestar o servizo militar.
- 30 de maio - Biafra, no leste de Nixeria, anuncia a súa independencia.
- 5 de xuño - Comeza a Guerra dos Seis Días: Israel ocupa os Altos do Golán, a Cisxordania, Gaza e a Península do Sinaí.
- 13 e 15 de xullo - Disturbios raciais en Newark (13) e Detroit (15 de xullo).
- 16 de xullo - O cardeal Quiroga Palacios dá a súa primeira misa en galego con motivo da consagración do novo templo parroquial de Aguiño, primeiro templo da era moderna con inscricións en galego.
- 10 de setembro - En Xibraltar, apenas 44 de 12 182 votantes apoian a union coa España.
- 6 de novembro - O parlamento da República de Rodesia aproba leis racistas.
- 3 de decembro - O médico Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón do mundo en Suráfrica.
- 13 de decembro - Lanzamento de Pioneer 8 para o estudo do espazo interplanetario.
1968
- Artigo principal: 1968.
- 2 de xaneiro - O Dr. Christiaan Barnard leva a cabo o primeiro transplante de corazón.
- Francia - Maio Francés
- 17 de maio - Lanzamento do satélite ESRO 2B, o primeiro satélite exitoso da ESRO.
- 7 de xuño - ETA asasina ó garda civil José Pardines á altura de Villabona (Guipúscoa). Considérase o primeiro asasinato cometido por ETA [6].
- 8 de novembro - Lanzamento da sonda Pioneer 9 para o estudo do espazo interplanetario.
Arte e cultura
- 8 de outubro - Inaugúrase o Museo Arqueolóxico e Histórico Provincial da Coruña, no antigo castelo de San Antón.
1969
- Artigo principal: 1969.
- 1 de xaneiro, Checoslovaquia, convértese nun estado federal no que os eslovacos gozan dunha ampla autonomía.
- 4 de xaneiro, sinatura en Fez do tratado de retrocesión do territorio de Ifni de España a Marrocos.
- 15 de xaneiro, a Unión Soviética lanzou a nave espacial Soiuz V.
- 22 de febreiro, 25.000 mineiros, en Asturias, declararon folga.
- 21 de xullo, a nave espacial Apollo XI pousa na Lúa. O astronauta Neil Armstrong é o primeiro ser humano que pisa outro astro.
- 15 de agosto, empezou o Festival de Woodstock, nos Estados Unidos de América.
- 17 de outubro, foi promulgada a Emenda Nº 1 á Constitución do Brasil de 1967, alterando case por completo o texto orixinal.
- 19 de novembro, a nave espacial Apollo XII pousa na Lúa.
Arte e cultura
- Il Satiricone, filme de Fellini.
Ciencia
- Abril de 1960, os Estados Unidos lanzan o primeiro satélite meteorolóxico.
- O 12 de abril de 1961, o cosmonauta Iuri Gagarin é o primeiro home a entrar no espazo, orbitando o planeta Terra.
- O 3 de decembro de 1967, en Suráfrica, ocorre o primeiro transplante de corazón.
- O 20 de xullo de 1969, coa misión Apollo 11, o home chega á Lúa.
Deporte
- O 1962, é realizada a Copa do Mundo de Fútbol no Chile.
- O 1966, é realizada a Copa do Mundo de Fútbol en Inglaterra.
Notas
- ↑ "Se cumple medio siglo desde que Franco inauguró ENCE". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2023-02-10.
- ↑ "Militares tomam o poder no Brasil" (en portugués). Consultado o 4 de marzo de 2017.
- ↑ "Presidente do Brasil - de 15/4/1964 a 15/3/1967: Humberto de Alencar Castello Branco" (en portugués). Consultado o 6 de marzo de 2017.
- ↑ Randy Alfred (1 de maio de 2008). "May 1, 1964: First Basic Program Runs". Wired (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2017.
- ↑ "La refinería cumple cuarenta años y afronta su cuarta ampliación". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-11. Consultado o 2019-03-05.
- ↑ La Voz de Galicia, 9.04.2017.