Apollo 11

misión espacial tripulada de Estados Unidos, a primeira en levar persoas á Lúa

O Apollo 11 foi unha misión espacial tripulada dos Estados Unidos cuxo obxectivo foi lograr que un ser humano camiñase na superficie da Lúa. A misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, aluando o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar. O Apollo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde a plataforma LC 39A e lanzado ás 13:32 UTC do complexo de cabo Kennedy, en Florida (Estados Unidos). Oficialmente coñeceuse á misión como AS-506. A misión está considerada como un dos momentos máis significativos da historia da Humanidade e a Tecnoloxía.


Apollo 11
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 11
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Columbia
Módulo lunar:
Eagle
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 16 de xullo de 1969
13:32:00 UTC
Aluaxe: 20 de xullo de 1969
20:17:40 UTC
0°40′26.69″ N
23°28′22.69″ E
Mare Tranquillitatis
Tempo AEV lunar: 2 h 31 min 40 s
Tempo na superficie da Lúa: 21 h 31 m 20 s
Cantidade de mostras: 21,55 kg
Amaraxe: 24 de xullo de 1969
16:50:35 UTC
13°19′N 169°9′O / 13.317, -169.150
Duración: 8 d 03 h 18 m 35 s
Número de órbitas lunares: 30
Tempo en órbitas lunares: 59 h 30 min 25,79 s
Masa: MC: 30.320 kg;
ML: 16.448 kg
Foto da tripulación
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 10 Apollo 12
Engalaxe do Apollo XI.

Tripulación

editar

A tripulación do Apollo 11 estaba composta polo comandante da misión Neil A. Armstrong, de 38 anos; Edwin E. Aldrin Jr., de 39 anos e piloto do LEM, alcumado Buzz; e Michael Collins, de 38 anos e piloto do módulo de mando.

Tecnoloxía de transmisión

editar

A retransmisión de imaxes dende a superficie da Lúa representou un reto técnico que había que lle sumar ó envío dos sinais de control e coordinación a e dende a Lúa e a e dende o módulo en órbita. Para logralo, necesitouse dende o deseño de novas cámaras para o módulo no chan, a cargo de Westinghouse, e para o módulo en órbita, a cargo de RCA Corporation, para resistir as condicións da viaxe, a máis de reconverter o sinal dende 320 liñas e 10 imaxes por segundo (frames per second, FPS) a 525 e 30 FPS da televisión comercial daquela.[1]

Outros detalles

editar

A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Eagle para o módulo lunar e Columbia para o módulo de mando.

O comandante Neil Armstrong foi o primeiro ser humano que pisou a superficie da Lúa, o 20 de xullo de 1969 ás 2:56 (hora internacional UTC) ao sur do Mar da Tranquilidade (Mare Tranquillitatis), seis horas e media despois de aluar. Este fito histórico retransmitiuse a todo o planeta desde as instalacións do Observatorio Parkes (Australia). Inicialmente o paseo lunar ía ser retransmitido a partir do sinal que chegase á estación de seguimento de Goldstone (California, Estados Unidos), pertencente á Rede do Espazo Profundo, pero ante a mala recepción do sinal optouse por utilizar o sinal da estación Honeysuckle Creek, próxima a Camberra (Australia).[2] Esta retransmitiu os primeiros minutos do paseo lunar, tralos cales o sinal do observatorio Parkes foi utilizado de novo durante o resto do paseo lunar.[3] As instalacións do MDSCC en Robledo de Chavela (Madrid, España) tamén pertencentes á Rede do Espazo Profundo, serviron de apoio durante toda a viaxe de ida e volta.[4][5]

O 24 de xullo, os tres astronautas lograron unha perfecta amaraxe en augas do océano Pacífico, pondo fin á misión.

  1. Pastor, Javier (2020-12-18). "Para el hombre llegar a la Luna fue una verdadera proeza, pero retransmitir aquello fue también un desafío técnico brutal". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-12-19. 
  2. "Apollo 11 TV". www.honeysucklecreek.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  3. "On Eagle's Wings: The Story of the Parkes Apollo 11 Support". www.parkes.atnf.csiro.au (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  4. «La Revista: El hombre que pisó la Luna: Cuatro españoles en el Apolo XI», El Mundo, 31 de xaneiro de 2000
  5. «Sen as vitais comunicacións mantidas entre o Apollo 11 e a estación madrileña de Robledo de Chavela, a nosa aluaxe non sería posible», afirmación de Neil Armstrong en Campos, A. «Reportaje: Excursiones: Ascensión a la Almenara: "La primera piedra"», El País, 24 de febreiro de 1995.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.