Abrir o menú principal

Michael Collins (astronauta)

Astronauta e piloto de probas estadounidense

Michael Collins, nado en Roma, Italia, o 31 de outubro de 1930, foi un astronauta norteamericano.[1][2]

Michael Collins (astronauta)
Michael Collins (S69-31742, restoration).jpg
Datos persoais
Nacemento31 de outubro de 1930
LugarRoma
Actividade
MisiónsGemini 10 e Apolo
Tempo no espazo11,09 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Orden da Cultura, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Washington State Book Award, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Nacional Aviación Hall of Fame, Grande Médaille d'Or des Explorations, Medalha de Ouro Langley, Medalha Geográfica Cullum, United States Astronaut Hall of Fame, Hubbard Medal e Medalha de Serviço Distinto da NASA
Michael Collins Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Collins estudou na escola Saint Albans en Washington, D.C., e no ano 1952 graduouse en ciencias na academia militar de West Point. Traballou como piloto de probas no Centro de Voos de Proba da Forza Aérea na Base Edwards da Forza Aérea, acumulando 5000 horas de voo. Collins formou parte do terceiro grupo de astronautas seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Foi astronauta sustituto para a misión Gemini 7 e foi piloto na misión Gemini 10 en 1966. Foi piloto do módulo de mando da misión Apolo 11 en 1969. Deixou a NASA en xaneiro de 1970, pasando a traballar como director do Museo Nacional do Aire e do Espazo en Washington.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Collins, Michael" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (setembro de 2015). "MICHAEL COLLINS (MGEN, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar