Cemiterio Nacional de Arlington
O Cemiterio Nacional de Arlington (en inglés: Arlington National Cemetery) é un cemiterio militar estadounidense do Condado de Arlington, Virxinia. Cruzando o río Potomac dende Washington, D.C., nas 253 ha están enterrados os mortos en conflitos da nación dende a Guerra Civil Estadounidense, así como os mortos doutros conflitos anteriores que foron voltos a enterrar neste cemiterio.
Cemiterio Nacional de Arlington | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | cemiterio militar, Cemiterio nacional dos Estados Unidos, cemiterio, monumento de guerra e Unidade de Informes Directos ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Virxinia | |||
Condado | Condado de Arlington ![]() | |||
Enderezo | 1 Memorial Avenue, Arlington, Virginia 22211 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1854 ![]() | |||
Inauguración | 13 de maio de 1864 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 2,53 km² ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Departamento do Exército dos Estados Unidos ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | ||||
Data | 11 de abril de 2014 | |||
Identificador | 14000146 | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | arlingtoncemetery.mil ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O cemiterio creouse durante a Guerra Civil nas leiras de Arlington House, que fora a casa da familia da muller do xeneral confederado Robert E. Lee, Mary Anna (Custis) Lee (a tatara-tataraneta de Martha Washington). O cemiterio, xunto coa Arlington House, o Memorial Drive, o Hemicycle, e o Arlington Memorial Bridge, forman o Distrito Histórico do Cemiterio de Arlington, listado no Rexistro Nacional de Lugares Históricos en abril de 2014.[1][2]
Notas
editar- ↑ National Park Service (ed.). "Weekly list of actions take: 04//07/14 to 04/11/14". Consultado o 2014-04-22.
- ↑ Smith, Adam; Tooker, Megan; Enscore, Susan, US Army Corps of Engineers, ERDC-CERL, Champaign, Illinois (2013-01-31). National Park Service, ed. "National Register of Historic Places Nomination Form: Arlington National Cemetery Historic District" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2014-09-04. Consultado o 2015-03-29.