O Apollo 12 foi o sexto voo tripulado do Programa Apollo dos Estados Unidos, e o segundo en aterrar na Lúa. Lanzouse o 14 de novembro de 1969 dende o Centro Espacial Kennedy en Florida, catro meses despois do Apollo 11. O comandante da misión Charles "Pete" Conrad e o piloto do módulo lunar Alan L. Bean levaron a cabo un día e sete horas de actividade na superficie lunar mentres o piloto do módulo de mando Richard F. Gordon permaneceu na órbita lunar. O lugar de aterraxe da misión foi na porción sueste do Océano de Tormentas.


Apolo 12
Datos da misión
Misión: Apolo 12
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Yankee Clipper
Módulo lunar:
Intrepid
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 14 de novembro de 1969
16:22:00 UTC
Aluaxe: 19 de novembro de 1969
06:54:35 UTC
3° 0' 44.60" S
23° 25' 17.65" W
Oceanus Procellarum/Mare Cognitium
Tempo AEV lunar: 1º: 3 h 56 min 03 s
2º: 3 h 49 min 15 s
Total: 7 h 45 min 18 s
Tempo na superficie da Lúa: 31 h 31 m
Cantidade de mostras: 34.35 kg
Amaraxe: 24 de novembro de 1969
20:58:24 UTC
15°47′S 165°9′O / -15.783, -165.150
Duración: 10 d 4 h 36 m 24 s
Número de órbitas lunares: 45
Tempo en órbitas lunares: 88 h 58 min 11.52 s
Masa: MC: 28.838 kg;
ML: 15.235 kg
Foto da tripulación
E-D: Conrad, Gordon, Bean
E-D: Conrad, Gordon, Bean
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 11 Apollo 13

Ó contrario que a primeira chegada á Lúa no Apollo 11, Conrad e Bean acadaron unha aluaxe precisa no lugar esperado, o lugar da misión non tripulada Surveyor 3, que aluara o 20 de abril de 1967. No seu equipo levaron a primeira cámara de televisión a cor á superficie da Lúa nun voo Apollo, pero a transmisión perdeuse debido a que Bean destruíu accidentalmente a cámara ó apuntar con ela cara ó Sol. Nunha das dúas camiñadas lunares, visitaron o Surveyor e recolleron algunhas partes para levalas de volta á Terra. A misión rematou o 24 de novembro cunha amaraxe exitosa.

Tripulación

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar