Abrir o menú principal

Charles Conrad

Astronauta estadounidense

Charles "Pete" Conrad Jr., nado en Philadelphia, Pennsylvania, o 2 de xuño de 1930 e falecido o 8 de xullo de 1999 a consecuencia das feridas nun accidente de ciclomotor, foi un astronauta norteamericano.[1][2]

Charles Conrad
Conrad-c.jpg e Conrad Unfurls Flag - GPN-2000-001104.jpg
Datos persoais
Nacemento2 de xuño de 1930
LugarFiladelfia
Falecemento8 de xullo de 1999
CónxuxeJane Conrad
Actividade
MisiónsGemini 5, Gemini 11, Apollo 12 e Skylab 2
Tempo no espazo49,15 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Medalha de Honra Espacial do Congresso, Nacional Aviación Hall of Fame e United States Astronaut Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Conrad estudou na escola Haverford, en Haverford, Pennsylvania, e na escola Darrow en Nova Lebanon (Nova York). Graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Princeton en 1953 e era máster por Princeton en 1966. Recibíu un doutoramento honorario en dereito pola Universidade Lincoln-Weslyan en 1970 e outro en ciencias polo Kings College de Wilkes-Barre, en Pennsylvania, en 1971.[1][2]

Despois da súa graduación en 1953, Conrad entrou na armada e converteuse en aviador naval. Máis tarde fíxose piloto de probas en Patuxent River, Maryland, traballando tamén como instructor de voo e enxeñeiro na escola de pilotos de proba. Foi seleccionado como astronauta da NASA en setembro de 1962. Voou por primeira vez na misión Gemini 5, establecendo un récord de duración de permanencia no espazo. Comandou a misión Gemini 11, establecendo un récord de altitude, e foi comandante da misión Apollo 12, a segunda alunizaxe da Historia. A última misión na que participou foi, tamén como comandante, a Skylab 2. Conrad retirouse da NASA en decembro de 1973.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Conrad, Charles Jr 'Pete'" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 1999). "CHARLES CONRAD, JR., (CAPTAIN, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar