Skylab 2

primeira misión tripulada cara a estación espacial Skylab

Skylab 2 foi a primeira misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 25 de maio de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]

Skylab 2
Engalaxe da misión Skylab 2
TipoTripulada
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento25 de maio de 1973, 13:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSaturno IB[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónViaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6]
Regreso22 de xuño de 1973[1]
NSSDC ID1973-032A
Masa19.979 kg[2][5][6]

Características editar

Durante o lanzamento a estación espacial Skylab perdeu un dos escudos antimeteoritos, un dos paneis solares e os restos do estrago bloquearon o desplegue do panel solar principal restante. Unha vez en órbita a estación tivo que funcionar en base ao panel solar do telescopio Apolo e soportar altas temperaturas no seu interior debido á falta do panel antimeteoritos que puxeron en risco o seu funcionamento. Como resultado, o primeiro voo tripulado cara a estación, a misión Skylab 2, pospúxose dez días para avaliar os danos, estudar como reparalos e adestrar aos tres astronautas da misión para levar a cabo as reparacións.[2][3][4][5]

Skylab 2 consistiu nunha nave Apolo modificada e tripulada por Charles Conrad, Joseph Peter Kerwin e Paul Joseph Weitz e lanzada mediante un foguete Saturno IB. A misión engalou o 25 de maio de 1973 e atopouse coa estación unhas horas despois. A tripulación informou do estado da mesma tal como a veían mentres a nave Apolo se movía arredor para examinar os danos. A nave acoplouse á estación para planificar os seguintes movementos. A tripulación entrou na estación o día seguinte e fixo unha EVA para despregar un parasol no exterior e cubrir a zona na que faltaba o panel antimeteoritos, co que a temperatura no interior comezou a baixar. Os astronautas non conseguiron despregar o panel solar principal restante ata o 7 de xuño, deixando a estación en condicións adecuadas para traballar no seu interior e facer os experimentos e actividades planificados.[2][3][4][5]

A misión Skylab 2 finalizou o 22 de xuño de 1973 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interior amarou no océano Pacífico. Os astronautas foron recollidos polo buque USS Ticonderoga e devoltos sans e salvos a terra.[1]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SKYLAB 2" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Skylab CSM 1" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 19 September 1973 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-18805). 25 de setembro de 1973: 2. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Skylab 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Apollo 201, 202, 4 - 17 / Skylab 2, 3, 4 / ASTP (CSM)" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "Skylab 2" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2017.