NSSDC ID

convención internacional para nomear satélites

O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento.

Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite. O número revela que foi lanzado en 1957 e que foi o primeiro lanzamento daquel ano. Outro exemplo é 1990-037B, o telescopio espacial Hubble, que foi o lanzamento exitoso número 37 durante 1990. 1990-037A era o transbordador espacial Discovery durante a misión STS-31, que levou ó telescopio cara ao espazo.

Os lanzamentos marrados non levan identificadores estándar. En cambio catalóganse con designracións arbitrarias, como VAGSL1 para o satélite Vanguard SLV 1.

O sistema de designación coñecíase como sistema COSPAR, denominado así polo Committee on Space Research (comité para a investigación espacial) do Consello Internacional da Ciencia. Este grupo incluía o primeiro sistema de designación, concibido na Universidade Harvard en 1958. O sistema usaba letras minúsculas do alfabeto grego para nomear os satélites. Por exemplo, Sputnik 1 era 1957α. En 1963 o sistema cambiouse para usar números, pero a súa aplicación retroactiva para faliciar o uso de referencias computerizadas non foi inmediato. Por exemplo, a publicación cuadrimestral TRW Space Log de 1969 contiña satélites en órbita de antes de 1963 listados con letras gregas e os posteriores por números.

O catálogo é administrado en Estados Unidos polo National Space Science Data Center, parte da NASA.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar