Transbordador espacial Discovery
O transbordador espacial Discovery, designación OV-103 (Orbital Vehicle 103) foi un transbordador espacial que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA. Foi o terceiro transbordador da frota e fixo 39 misións nos seus 27 anos de servizo. Fixo a súa primeira misión (STS-41-D) o 30 de agosto de 1984, e a última o 24 de febreiro de 2011 (STS-133).
Historia
editarO transbordador recibiu o seu nome por un dos buques usados por James Cook durante a súa exploración do océano Pacífico durante a década de 1770. Durante a súa construción empregáronse as leccións aprendidas durante a montaxe dos seus predecesores, o transbordador de probas Enterprise e as naves operativas Columbia e Challenger. Á saída da liña de montaxe o Discovery era 3115 kg máis lixeiro que o Columbia. Xunto co Challenger, o Discovery tiña a particularidade de que foi reacondicionado para poder transportar foguetes Centaur na bodega de carga para o lanzamento de satélites. Despois do accidente do transbordador espacial Challenger decidiuse que, por seguridade, ningún transbordador levaría foguetes Centaur como carga.
O contrato para a fabricación do orbitador foi firmado o 29 de xaneiro de 1979. A nave quedou finalizada o 12 de agosto de 1983, co seu primeiro voo o 30 de agosto do ano seguinte. A primeira revisión en profundidade do Discovery tivo lugar en febreiro de 1992, inspeccionándose completamente a súa estrutura e realizándose 78 modificacións. A segunda tivo lugar entre setembro de 1995 e xuño de 1996, e nela instalouse o sistema de acoplamento coa Estación Espacial Internacional, mellorouse a iluminación da baía de carga e fixéronse varias decenas de melloras e arranxos.
Características
editar- Tripulación máxima: 8
- Lonxitude: 37,24 m
- Envergadura: 23,79 m
- Carga útil: 24.990 kg
- Impulso: 53,47 kN
- Masa cheo: 116.884 kg
- Masa baleiro: 104.472 kg
- Impulso específico: 316 s
- Tempo máxima en órbita: 30 días
- Volume habitable: 71,5 m3
Notas
editar- Mark Wade (2011). "Discovery" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2012.
- Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2019.
- NASA, ed. (2019). "Space Shuttle Overview: Discovery (OV-103)" (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transbordador espacial Discovery |