Abrir o menú principal

Skylab 4 foi a terceira e última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 16 de novembro de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]

Skylab 4
Saturn IB Launch.jpg
Saturno IB da misión Skylab 4 engalando
TipoTripulada
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento16 de novembro de 1973, 14:01 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSaturno IB[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónViaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6]
Regreso8 de febreiro de 1974[1]
NSSDC ID1973-090A
Masa6033 kg[2][5][6]

Índice

CaracterísticasEditar

Skylab 4 foi a última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Durante a misión fixéronse observacións astronómicas do cometa Kohoutek e leváronse a cabo diversos experimentos científicos e médicos, así como varios paseos espaciais que totalizaron 22 horas e 13 minutos no exterior da estación. Debido ó exceso de traballo a tripulación, formada por Gerald Paul Carr, Edward George Gibson e William Reid Pogue, rebelouse contra o control da misión na que pode considerarse a primeira folga espacial. Ningún dos tres astronautas volveu a voar en ningunha outra misión espacial.[2][3][4][5]

A misión Skylab 4 rematou o 8 de febreiro de 1974 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interior amarou no océano Pacífico.[1]

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SKYLAB 4" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Skylab CSM 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 16 May 1974 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (74-13517). 23 de maio de 1974: 2. Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Skylab 4" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Apollo 201, 202, 4 - 17 / Skylab 2, 3, 4 / ASTP (CSM)" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2017). "Skylab 4" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2017.