Abrir o menú principal

Saturno IB foi o nome dun foguete dos Estados Unidos derivado do Saturno I e que usouse tanto de maneira independente como parte do Saturno V.[1][2]

Saturno IB
Tódolos lanzamentos dun Saturno IB.
Tódolos lanzamentos dun Saturno IB.
Función Lanzador espacial pesado
País de orixe Estados Unidos[1]
Tamaño
Altura 51,0 m[1]
Diámetro 6,61 m[1]
Masa 448.648 kg[1]
Etapas 2[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 18.600 kg[1]
Foguetes asociados
Familia Saturno
Derivados Saturno V
Historia de lanzamentos
Estado Retirado[1]
Sitios de lanzamento Cabo Cañaveral[1][2]
Total de lanzamentos 9[1][2]
Voo inaugural 26 de febreiro de 1966[1][2]
Último voo 15 de xullo de 1975[1][2]
Primeira Etapa - Saturno IB[1]
Lonxitude 24,48 m[1]
Diámetro 6,52 m[1]
Masa baleiro 41.594 kg[1]
Masa cheo 448-648 kg[1]
Motores 8 H-1[1]
Pulo 8241,763 kN[1]
Impulso específico 296 s[1]
Tempo de combustión 155 s[1]
Propelente Osíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda Etapa - Saturno IVB[1]
Lonxitude 17,80 m[1]
Diámetro 6,61 m[1]
Masa baleiro 12.900 kg[1]
Masa cheo 118.800 kg[1]
Motores 1 J-2[1]
Pulo 1031,6 kN[1]
Impulso específico 421 s[1]
Tempo de combustión 475 s[1]
Propelente Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1]

CaracterísticasEditar

O Saturno IB foi unha mellora do Saturno I, usando ao mesmo tempo unha segunda etapa Saturno IVB mellorada. Usouse para facer probas das naves Apolo e do módulo luar, así como para enviar tripulacións á estación espacial Skylab.[1][2]

A parte superior do foguete foi modificada para soportar o maior peso e diámetro do novo Saturno IVB. As aletas aerodinámicas foron redeseñadas debido á maior lonxitude e peso do foguete e varios cambios na estrutura aforraron 9000 kg de peso. Co Saturno IB puidéronse usar os mesmos procedementos de fabricación e probas que co Saturno I, co que se aforrou en tempo e diñeiro.[1][2]

O foguete fixo nove lanzamentos (dous deles suborbitais), todos exitosos.[1][2]

Historial de lanzamentosEditar

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
SA-201 26 de febreiro de 1966 Cabo Cañaveral LC-34 Apolo 201 (non tripulado) Éxito Primeiro lanzamento dun Saturno IB. Voo suborbital con 488 km de apoxeo.
SA-203 5 de xullo de 1966 Cabo Cañaveral LC-37B Apolo 203 (non tripulado) Éxito
SA-202 25 de agosto de 1966 Cabo Cañaveral LC-34 Apolo 202 (non tripulado) Éxito
SA-204 22 de xaneiro de 1968 Cabo Cañaveral LC-37B Apolo 5 (non tripulado) Éxito Proba do módulo luar en órbita terrestre.
SA-205 11 de outubro de 1968 Cabo Cañaveral LC-34 Apolo 7 Éxito Primeiro voo tripulado dunha cápsula Apolo, con Eugene Cernan, Thomas Stafford e John Young a bordo.
SA-206 25 de maio de 1973 Cabo Cañaveral LC-39B Skylab 2 Éxito Envío da primeira tripulación (Charles Conrad, Joseph Kerwin e Paul Weitz) á estación espacial Skylab.
SA-207 28 de xullo de 1973 Cabo Cañaveral LC-39B Skylab 3 Éxito Envío da segunda tripulación (Alan Bean, Owen Garriott e Jack Lousma) á estación espacial Skylab.
SA-208 16 de novembro de 1973 Cabo Cañaveral LC-39B Skylab 3 Éxito Envío da terceira e última tripulación (Gerald Carr, Edward Gibson e William Pogue) á estación espacial Skylab.
SA-210 15 de xullo de 1975 Cabo Cañaveral LC-39B ASTP Éxito Último lanzamento dun Saturno IB. Misión Apolo-Soyuz.

NotasEditar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 Mark Wade (2017). "Saturn IB" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1B" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar