Impulso específico
O impulso específico (abreviado a miúdo como ISP) é unha magnitude que describe a eficiencia dos motores foguete e os motores de reacción. Representa a derivada do impulso con respecto da cantidade de propelente usado, é dicir, o pulo dividido pol cantidade de propelente usado por unidade de tempo.[1] Se a cantidade de propelente se da en termos de masa (como quilogramos), o ISP terá unidades de velocidade. Se se da en termos de peso (como Newtons), o impulso específico terá unidades de tempo. A constante de conversión entre as dúas maneiras de expresa-lo impulso específico é a constante da gravidade estándar, g, que ten un valor de aproximadamente 9,8 m/s².[2] Canto maior sexa o impulso específico, menor será o fluxo de propelente necesario para obter determinado pulo, e no caso dos foguetes menor propelente será necesario para alcanzar unha mesma velocidade.
Notas
editar- ↑ Qualitative Reasoning Group, ed. (2012). "What is specific impulse?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2012.
- ↑ Tom Benson (11 de xullo de 2008). NASA, ed. "Specific impulse" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2012.