Abrir o menú principal

Gene Cernan

Astronauta estadounidense
(Redirixido desde "Eugene Cernan")

Eugene Andrew Cernan foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 9A, Apollo 10 e Apollo 17. Pasou un total de 23,59 días no espazo.[1][2]

Gene Cernan
Cernan s71-51308.jpg e Apollo 17 Cernan on moon.jpg
Datos persoais
Nacemento14 de marzo de 1934
LugarBellwood
Falecemento16 de xaneiro de 2017
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsGemini 9A, Apollo 10 e Apollo 17
Tempo no espazo23,59 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame e Grand Officer of the Order of the White Double Cross
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cernan naceu o 14 de marzo de 1934 en Chicago, Illinois, e faleceu o 16 de xaneiro de 2017. Era graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Purdue en 1956 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos. Estaba casado con Jan Nanna Cernan e tiña tres fillas.[1][2]

Foi un dos catorce candidatos a astronauta seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Na misión Gemini 9A ocupou o posto de piloto, con Tom Stafford como comandante. Máis tarde formou parte da tripulación de respaldo das misións Gemini 12 e Apollo 7. Foi piloto da misión Apollo 10, lanzada o 18 de maio de 1969, que orbitou a Lúa. A súa última misión foi como comandante da misión Apollo 17, a última misión tripulada cara a Lúa. Pasou no espazo un total de 23,59 días.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Eugene A. Cernan (Captain, USN, Ret.) NASA Astronaut (former)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Cernan, Eugene Andrew" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar