Apollo 7
O Apollo 7 foi o cuarto voo espacial do programa norteamericano Apollo (denominado oficialmente AS-205), lanzado o día 11 de outubro de 1968 mediante un foguete do tipo Saturno IB e coa primeira tripulación composta polos astronautas Walter M. Schirra -comandante-, Donn F. Eisele e Walter Cunningham.
Apollo 7 | |||||
Insignia da misión | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Apollo 7 | ||||
Nome dos módulos: | Módulo de mando: Apollo 7 | ||||
Rampla de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A | ||||
Engalaxe: | 11 de outubro de 1968 15:02:45UTC | ||||
Amaraxe: | 22 de outubro de 1968 11:11:48 UTC 27°38′N 64°09′O / 27.633, -64.150 | ||||
Duración: | 10 d 20 h 9 min 3 s | ||||
Número de órbitas: | 163 | ||||
Apoxeo: | 297 km | ||||
Perixeo: | 231 km | ||||
Período: | 89,78 min | ||||
Inclinación orbital: | 31,63º | ||||
Masa: | CSM: 14.781 kg | ||||
Foto da tripulación | |||||
E-D: Eisele, Schirra e Cunningham | |||||
Outras misións | |||||
|
A nave foi posta nunha órbita de aparcadoiro (entre 230 e 285 km de altura) e durante as 163 órbitas á Terra comprobouse o funcionamento da cápsula espacial C.M. e do módulo de servizo, así como os sistemas de comunicacións.
Tamén se probou un atraque espacial coa terceira fase do foguete Saturno, á que se achegou ata estar a uns 15 metros de distancia, simulando así a unión co módulo lunar.
Durante o voo acendeuse o motor principal en oito ocasións para efectuar correccións de traxectoria, e realizouse en directo a primeira transmisión das manobras realizadas, que puideron ver na Terra millóns de persoas.
Tras 10 días de misión, a amaraxe efectuouse o 22 de outubro de 1968 a menos de 15 quilómetros do lugar previsto para o seu descenso, a 7 mn (13 km) ao norte do buque de recuperación designado, o USS Essex. O voo durou 260 horas, 8 minutos e 58 segundos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apollo 7 |