O Apollo 8 foi a segunda misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América, e a primeira en usar o enorme lanzador Saturno V. Foi a primeira viaxe espacial tripulada que escapou do campo gravitatorio terrestre, circunvalou a Lúa e entrou en órbita lunar.


Apollo 8
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 8
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 21 de decembro de 1968
16:00:00 UTC
Amaraxe: 27 de decembro de 1968
15:51:42 UTC
8°6′N 165°1′O / 8.100, -165.017
Duración: 6 d 3 h 0 min 42 s
Tempo en órbitas lunares: 10
Masa: CSM: 28.817 kg ;
LTA: 9.026 kg
Foto da tripulación
E-D: Lovell, Anders e Borman
E-D: Lovell, Anders e Borman
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 7 Apollo 9

Tripulación editar

Tripulación principal editar

Posición Astronauta
Comandante Frank Borman
Piloto do módulo de mando James A. Lovell, Jr.
Piloto do módulo lunar William Anders

Tripulación suplente editar

Posición Astronauta
Comandante Neil A. Armstrong
Piloto do módulo de mando Edwin E. Aldrin, Jr.
Piloto do módulo lunar Fred W. Haise, Jr.

Insignia da misión editar

Foi deseñada por Jim Lovell. A forma triangular da insignia representa o aspecto cónico do módulo de mando. A Lúa e a Terra aparecen unidas mediante unha figura vermella con forma de "8", que indica o número da misión e tamén o seu obxectivo. Dentro desta figura están escritos en branco os apelidos dos tres astronautas.

Misión editar

Ao principio, o obxectivo da misión era acadar a órbita terrestre e probar alí o módulo lunar, pero as continuas demoras na construción deste último fixérono imposible. Finalmente, configurouse outro plan de voo, tamén debido ao temor por parte da NASA de que os soviéticos puideran ser capaces en pouco tempo de circunvalar a Lúa cunha nave tripulada. Os novos obxectivos da misión Apollo 8 pasaron a ser circunvalar a Lúa e entrar en órbita lunar, empregando só os módulos de mando e servizo e conservando o Saturn V como lanzador.

Na engalaxe houbo varios problemas, ademais de alongamentos no funcionamento dos motores, e non se acadou a órbita prevista. Unha vez en órbita terrestre, acendeuse outra vez a terceira etapa do Saturn V durante 5 minutos e 17 segundos, conseguindo a inxección translunar (TLI).

 
"A saída da Terra", a fotografía máis famosa do Apollo 8.

Na viaxe ata a Lúa, que durou tres días, realizouse unha corrección de rumbo. Borman comezou a sentirse mal, sufrindo o chamado "síndrome de adaptación ao espazo". Ao achegarse á Lúa, o 24 de decembro, realizouse unha ignición para frear a nave e insertala na órbita. Os tres astronautas foron os primeiros seres humanos en ver a cara oculta da Lúa cos seus propios ollos e a saída da Terra polo horizonte lunar. Durante a novena órbita, os tres leron por radio unha parte do libro bíblico da Xénese, con motivo do Nadal.

Na medianoite do 25 de decembro, realizouse unha ignición que elevou a velocidade da nave a 9682 km/h, embarcándoa nunha viaxe de retorno de pouco máis de dous días.

Antes de iniciar a reentrada, desacoplouse o módulo de servizo. Seis minutos antes de penetrar na atmosfera, a tripulación viu a Lúa saíndo sobre o horizonte terrestre, tal e como estaba previsto. Finalmente, o módulo de mando amarou no Pacífico Norte, preto de Hawai.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar