Jim Lovell

astronauta estadounidense

James Arthur Lovell Jr., nado en Cleveland, Ohio, o 25 de marzo de 1928, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións Gemini 7, Gemini 12, Apollo 8 e Apollo 13.[1][2]

Jim Lovell
Datos persoais
Nacemento25 de marzo de 1928
LugarCleveland
CónxuxeMarilyn Lovell
Actividade
MisiónsGemini 7, Gemini 12, Apollo 8 e Apollo 13
Tempo no espazo29,79 días
PremiosDistinguished Flying Cross, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalla do Aire, Cabaleiro da Lexión de Honra, Harmon Trophy, Medalla de Honra Espacial do Congreso, Medalla o Servizo Excepcional da NASA, Nacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame, Hubbard Medal, Medalha de Serviço Distinto (Marinha dos Estados Unidos), Medalha de Serviço Distinto da NASA, Medalha do Serviço de Defesa Nacional, Distinguished Eagle Scout Award, honorary doctor of the University of Miami e International Space Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Lovell graduouse pola Universidade de Wisconsin e a Academia Naval dos Estados Unidos en 1952, na escola de pilotos de probas de Patuxent River en 1958 e en seguridade aérea pola Universidade do Sur de California en 1961.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 7, Gemini 12, Apollo 8 e Apollo 13 e pasando un total de 29,79 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lovell, James Arthur Jr 'Shaky'" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 1994). "JAMES A. LOVELL (CAPTAIN, USN, RET.)NASA ASTRONAUT NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar