Universidade do Sur de California

universidade privada estadounidense nos Ánxeles, California


A Universidade do Sur de California (en inglés University of Southern California) é unha universidade privada de investigación no barrio de Exposition Park nos Ánxeles (California, Estados Unidos).

Universidade do Sur de California
Datos xerais
Fundación1880
Datos actuais
Profesores4.400
Alumnosarredor de 30.000
Datos de contacto
IMDB: co0029593 Facebook: usc Twitter: USC Instagram: uscedu Dialnet: 889711 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A Universidade foi fundada en 1880 e é a universidade privada de investigación máis antiga de California.

Acrónimos

editar

O nome da Universidade do Sur de California ás veces é abreviado como Southern California, ou coas siglas SC ou USC,[a] , o mesmo que a Universidade de Santiago de Compostela (fundada en 1495), a Universidade de San Carlos (Manila, s. XVII-XVIII), a Universidade de Carolina do Sur, University of South Carolina, Columbia (fundada en 1801 como South Carolina College), a Universidade do Sur do Caribe University of Southern Caribbean en Trinidad e Tobago (fundada en 1927) e a Universidade Santiago de Cali, Universidad Santiago de Cali en Cali, Colombia (fundada en 1958).

 

Persoal

editar

A USC empregaba en 2007 a 3.127 profesores a tempo completo, 1.363 a tempo parcial e uns 8.200 empregados. A universidade ten un nivel "moi alto" de actividade investigadora, e conseguiu 484,6 millóns de dólares en investigación patrocinada en 2007. O Centro de Sistemas Integrados de Medios (Integrated Media Systems Center) e o Centro de Sistemas Microelectrónicos Biomiméticos (Center for Biomimetic Microelectronic Systems) están na USC.

Estudantes

editar

A USC conta con 16.384 estudantes de grao e 17.024 de posgrao e impartiu en 2007, 4.676 de grao e 5.380 de grao superior. Os estudantes da USC proceden dos 50 estados dos Estados Unidos e de máis de 115 países[1].

Deportes

editar

A USC conta con 19 equipos deportivos que compiten na Conferencia Pacífico-10 da División IA da Asociación Nacional de Atletismo. O seu alcume é os troianos (the Trojans). Os troianos gañaron 89 campionatos por equipos da NCAA[2], terceiros nos Estados Unidos (detrás de UCLA e Stanford) e 347 campionatos individuais da NCAA, segundos nos EUA. 362 atletas troianos estiveron nos Xogos Olímpicos gañando 112 medallas de ouro, 66 de prata e 58 de bronce. O seu equipo de baloncesto xoga no Galen Center, adestrado por Kevin O'Neill. O equipo de fútbol americano xoga no Los Angeles Memorial Coliseum e é adestrado por Lane Kiffin . O equipo de fútbol gañou varios campionatos nacionais e 23 Rose Bowls, un partido disputado entre dous dos mellores equipos de fútbol do país. Nos deportes, a USC ten unha forte rivalidade coa UCLA, a outra grande escola dos Ánxeles, en todos os deportes e unha forte rivalidade con Notre Dame no fútbol.

Astronautas

editar

Varios astronautas da NASA formáronse na USC, entre eles:

  • Neil Armstrong (décadas de 1960 e 1970, estudos de posgrao) (M.S. Aerospace Engineering) - astronauta e primeira persoa en camiñar na Lúa, piloto da NASA X-15[3]
  • Karol J. Bobko (1970, M.S. Aerospace Engineering) - enxeñeiro, oficial da Forza Aérea e astronauta da USAF e da NASA[4]
  • Charles F. Bolden, Jr. (1977, M.S. Systems Management) – comandante do Transbordador Espacial; Administrador da NASA
  • Gerald P. Carr (1954, B.S. Mechanical Engineering) – coronel do Corpo de Mariña e astronauta da NASA[5]
  • Nancy J. Currie (1985, M.S. Systems Management) - enxeñeira, oficial do exército e astronauta da NASA[6]
  • Jerry M. Linenger (1988, M.S. Systems Management) – capitán do Corpo Médico da Mariña e astronauta da NASA[7]
  • James A. Lovell (1961, Aviation Safety School) - Astronauta da NASA e capitán da Mariña, máis famoso como comandante da misión Apolo 13
  • Carlos I. Noriega (1981, B.S. Computer Science) – astronauta da NASA e tenente coronel do Corpo de Mariña[8]
  • Kenneth S. Reightler, Jr. (1984, M.S. Systems Management) – astronauta da NASA[9]
  1. "natudoc_campdiv_brief". colleges.usnews.rankingsandreviews.com (en inglés). 
  2. "Champs listing". NCAA.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2007. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  3. "USC Fact Book, Did You Know?". USC. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2010. Consultado o 23 de novembro de 2009. 
  4. "Karol J. Bobko". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  5. "Gerald P. Carr". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  6. "Nancy J. Currie". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  7. "Jerry M. Linenger". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  8. "Carlos I. Noriega". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  9. "Kenneth S. Reightler, Jr.". www.liquisearch.com. Consultado o 2022-07-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar