Apollo 9

terceira misión tripulada do programa Apollo

Apollo 9 foi a terceira misión tripulada do programa Apollo dos Estados Unidos, e o primeiro voo do módulo de mando/servizo (Command/Service Module, CSM) xunto ó módulo lunar (LM). A súa tripulación estivo formada polo comandante James McDivitt, o piloto do módulo de mando David Scott e o piloto do módulo lunar Rusty Schweickart. Pasaron dez días nunha órbita terrestre baixa probando varios aspectos críticos para unha aterraxe na Lúa, incluíndo os motores do módulo lunar, os sistemas de soporte vital, sistemas de navegación e manobras de acoplamento. Esta misión foi o segundo lanzamento tripulado dun foguete Saturn V.


Apollo 9
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 9
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Gumdrop
Módulo lunar:
Spider
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 3 de marzo de 1969
16:00:00 UTC
Amaraxe: 13 de marzo de 1969
17:00:54 UTC
23°15′N 67°56′O / 23.250, -67.933
Duración: 10 d 1 h 0 min 54 s
Masa: MC: 26.801 kg;
ML: 14.575 kg
Foto da tripulación
E-D: McDivitt, Scott e Schweickart
E-D: McDivitt, Scott e Schweickart
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 8 Apollo 10

Schweickart efectuou unha saída ao espazo de 37 minutos de duración, destinada a probar o traxe espacial que habería de ser utilizado no descenso á Lúa e valorado en 100.000 dólares (da época) cada un.

Estes equipos autónomos, capaces de resistir temperaturas da orde de menos 150 °C a máis 130 °C, debían ademais protexer aos astronautas do impacto de micrometeoritos (con velocidades próximas a 100.000 km/h), garantir as comunicacións e fornecer soporte vital durante tres horas. Realizouse así mesmo unha ensamblaxe perfecta co módulo lunar "Spider" que se foi afastando do módulo de mando denominado "Gumdrop", ata unha distancia de 160 km.

O voo amarou o día 13 de marzo tras orbitar 151 veces sobre a Terra e despois de 241 horas de voo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar