Abrir o menú principal
Unidade
Norma ISO 31-3
Nome da unidade Milla náutica
Símbolos da unidade sm, M, NM
Unidade Lonxitude
Símbolo dimensional L
Unidades SI 1 mn= 1852,216 m
Véxase tamén:

A milla náutica é unha unidade de medida internacional, a máis común para medir as distancias no mar.

MedidaEditar

A definición da milla mariña está relacionada coas dimensións da Terra. É a distancia equivalente a un arco dun minuto sobre un círculo máximo. Tomando como círculo máximo o Ecuador, a división da lonxitude da liña ecuatorial (redondeada en 40.000 km para o cálculo) entre os 21.600 minutos totais dá como cociente 1.851,85 m, que normalmente se redondea a 1.852 m, e esa é a lonxitude da milla náutica.

Con todo, a Terra non é unha esfera perfecta, polo que se se considera un círculo máximo outro que o ecuador, como pode ser un meridiano, a medición da milla náutica pode variar nuns poucos metros segundo a localización. Polo tanto, a Conferencia Hidrográfica Extraordinaria Internacional de Mónaco adoptou en 1929 unha milla náutica de exactamente 1.852 metros. Nun día unificouse o valor da milla náutica en todo o mundo, excepto para os EUA que se engadiron a esta definición en 1954 e os ingleses e o seu imperio que o fixeron en 1970, abandonando a súa milla do almirantado de 1.853,184 m ou 6.080 ft.

Ademais, 1 milla náutica pódese dividir en 10 cables, entón 1 cable equivale a 185,2 metros.

Outra unidade relacionada é o , que se define como a velocidade dunha milla náutica por unidade de hora.

En cartas náuticas (proxección Mercator) cada minuto de latitude medido sobre as marxes esquerdo ou dereito representan unha milla.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar