Nó (náutica)
O nó, abreviado kn, é unha medida de velocidade empregada tanto para navegación mariña como aérea. Equivale a unha milla náutica por hora. Tamén se utiliza en meteoroloxía para medir a velocidade dos ventos.
Nó (náutica) | |
---|---|
Instancia de | unidade de velocidade e unidade derivada UCUM ![]() |
Epónimo | nó ![]() |
Magnitude física | celeridade ![]() |
Símbolo da unidade | kn, уз e kn ![]() |
Conversión a SI | 0,51444444444444 m/s ![]() |
Conversión a unidade estándar | 1,852 km/h ![]() |
Non confundir con | |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] |
Definición
editar1 nó = 1 milla náutica por hora = 1 852 m/h = 1,852 km /h ~ 2 km/h. Esta definición está baseada no acordo internacional sobre a lonxitude da milla náutica, adoptado polos EEUU (que empregaba previamente unha lonxitude de 1852,249 m) e o Reino Unido (que empregaba previamente unha lonxitude de 1853,184 m) entre outros países.
Orixe
editarO nome deriva do antigo procedemento de medición da velocidade nunha nave. Antigamente, un tripulante dispuña dunha corda ou liña con nós a intervalos regulares (xeralmente unha brazada) e unha peza de madeira, orixinalmente un simple tronco, atado nun extremo (este dispositivo foi a primitiva corredeira). Outro tripulante dispuña dun reloxo de area de arredor de medio minuto. O primeiro guindaba o tronco á auga pola popa e deixaba correr a liña que, no seu primeiro tramo, non tiña nós co fin de darlle tempo ó tronco a flotar e quedar estacionario na auga. Cando chegaba ó primeiro nó dáballe a orde ó outro tripulante para que este lle dera a volta ó reloxo e comezara a contar o tempo acordado. Cando caía o último grao de area, o tripulante a cargo do reloxo daba a orde de facer firme a liña. Habitualmente, o tripulante que sostiña a liña ía contando os nós desta na medida que ía deixando correr a liña, polo que chegaba estimar a fracción de corda entre o último nó e a súa man para dar a velocidade.
Noutros casos, os nós facíanse con outros materiais ou formas para recoñecelos directamente, sen necesidade de contalos, ó igual que nas sondaxes. Distintas mariñas tiñan normalizado tanto a distancia entre os nós como o tempo do reloxo, mais a proporción entre estes sempre é a mesma co que o resultado da medición é igual en millas náuticas por hora.
O nó é unha medida práctica no mar posto que pode ser trasladada case directamente a unha carta mariña xa que unha certa velocidade expresada en nós, por exemplo 7 kn, sostida durante unha hora, faría que a nave navegara esa mesma cantidade de minutos, 7, de latitude ou lonxitude ou a proporción que correspondese segundo o rumbo. Neste caso, tendo marcada na carta a liña que marca o rumbo, pódese medir sobre a marxe da carta (esquerda ou dereita), onde están indicadas as latitudes , cun compás de puntas secas, unha cantidade de minutos igual á velocidade en nós e esta medida, tomada a partir do último punto coñecido ou estimado, estendido sobre a liña que marca o rumbo dará a nova posición, estimada, da nave. Na Mariña Real Británica (Royal Navy) esta medición efectuábase cada media hora, ou sexa, a cada toque da campá coa que se marcaba o tempo a bordo e debíase anotar no caderno da garda. Posto que a medición se facía cun tronco, en inglés log, o caderno acabou chamándose log. "Logbook" é o termo inglés para referirse ó Caderno de bitácora ou diario de navegación.
Conversións
editarÉ aproximadamente igual a:
- 101,268591 pés por minuto
- 1,687810 pés por segundo
- 0,514444 metros por segundo (m·s−1)
- 1,150779 milla (estatutaria) por hora (mph)
- 1,852 quilómetros por hora