Nó (homónimos)
páxina de homónimos de Wikimedia
Co termo nó podemos estar a referirnos a:
Na natureza:
- Nó, porción xeralmente arredondada de madeira dura e máis escura, que aparece nun toro ou nunha táboa e que se corresponde coa unión dunha póla co tronco.
Nas ciencias:
- Nó (teoría de grafos) é un vértice, unidade fundamental dun grafo.
- Nó, en botánica, punto de nacemento das follas, broulla.
- Nó: unidade de velocidade, equivalente a unha milla náutica por hora.
- Nó da gorxa, en anatomía, vulto que forma a larinxe na parte anterior do pescozo do home, mazá de Adán, noz.
- Nó (informática): punto de conexión dunha rede.
Na sociedade:
- Nó: traballo realizado cunha corda ou aparello similar para agarrar ou unir obxectos.
- Nó, punto ou lugar onde converxen varias vías de comunicación.
- Nó, na literatura, parte central dunha obra narrativa ou dramática, en que a trama se complica máis e que precede ao desenlace.
- Nó gordiano, problema ou situación difícil de superar ou solucionar.
- Nó, anuario da Asociación de Escritores en Lingua Galega de 1986 a 1987.[1]
Toponimia
editar- Porta do Nó, lugar da parroquia de Ardemil, no concello de Ordes.
Véxase tamén
editarEsta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |