Saturno I

Saturno I (denominado no seu momento tamén Juno V e Saturno C-1) foi o nome dun foguete dos Estados Unidos que deu comezo á familia de foguetes Saturno e que culminuou no Saturno V. Foi o maior foguete dos Estados Unidos ata aquel momento.[1][2][3]

Saturno I / Juno V / Saturno C-1
Configuracións dos Saturno I dos bloques I e II.
Configuracións dos Saturno I dos bloques I e II.
Función Lanzador espacial pesado
País de orixe Estados Unidos[1]
Tamaño
Altura 55,0 m[1]
Diámetro 6,52 m[1]
Masa 509.660 kg[1]
Etapas 3[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 9000 kg[1]
Carga a
Traxectoria transluar
2200 kg[1]
Foguetes asociados
Familia Saturno
Derivados Saturno IB, Saturno V
Historia de lanzamentos
Estado Retirado[1]
Sitios de lanzamento Cabo Cañaveral[1][2][3]
Total de lanzamentos 10[1][2][3]
Voo inaugural 27 de outubro de 1961[1][2][3]
Último voo 30 de xullo de 1965[1][2][3]
Primeira Etapa - Saturno I[1]
Lonxitude 24,48 m[1]
Diámetro 6,52 m[1]
Masa baleiro 45.267 kg[1]
Masa cheo 432.681 kg[1]
Motores 8 H-1[1]
Pulo 7582,1 kN[1]
Impulso específico 255 s[1]
Tempo de combustión 150 s[1]
Propelente Osíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda Etapa - Saturno IV[1]
Lonxitude 12,19 m[1]
Diámetro 5,49 m[1]
Masa baleiro 5217 kg[1]
Masa cheo 50.576 kg[1]
Motores 6 RL-10[1]
Pulo 400,346 kN[1]
Impulso específico 410 s[1]
Tempo de combustión 482 s[1]
Propelente Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1]
Terceira Etapa - Centaur C[1]
Lonxitude 9,14 m[1]
Diámetro 3,05 m[1]
Masa baleiro 1996 kg[1]
Masa cheo 15.600 kg[1]
Motores 2 RL-10A-1[1]
Pulo 133,448 kN[1]
Impulso específico 425 s[1]
Tempo de combustión 430 s[1]
Propelente Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1]

CaracterísticasEditar

O Saturno I foi deseñado polo equipo de Wernher von Braun e consistía nun conxunto de oito tanques procedentes de foguetes Redstone rodeando un tanque dun Jupiter C e propulsado por oito motores H-1. O deseño en conxunto de tanques foi apodado humoristicamente como Cluster's Last Stand (xogo de palabras con Custer's Last Stand, como se denomina a veces á batalla de Little Bighorn). O foguete foi ideado inicialmente para levar a cabo os primeiros voos circumluares do proxecto Apollo, pero foi desenvolvido tan tempranamente que non había naves tripuladas dispoñibles para ser usadas nel.[1][2][3]

Os foguetes Saturno I clasifícanse en dous grupos:[1][2][3]

  • Os do Bloque I non levaban segundas e terceiras etapas funcionais, senón maquetas recheas con auga e lastre e fixeron voos suborbitais.
  • Os do Bloque II usaron segundas e terceiras etapas funcionais e foron lanzados en traxectorias orbitais.

O foguete fixo dez lanzamentos, a maior parte de proba. Varios refinamentos e melloras posteriores diron lugar ao Saturno IB.[1][2][3]

Historial de lanzamentosEditar

Voo[1][2][3] Data[1][2][3] Rampla de lanzamento[1][2][3] Carga[1][2][3] Resultado[1][2][3] Notas[1][2][3]
SA-1 27 de outubro de 1961 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Primeiro lanzamento dun Saturno I. Voo suborbital con 136 km de apoxeo.
SA-2 25 de abril de 1962 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Segundo voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 145 km. O foguete foi explotado intencionadamente no apoxeo. A carga, dous tanques de auga simulando as segunda e terceira etapas, formaron unha nube de xeo a gran altitude no que se deu en chamar proxecto Highwater.
SA-3 16 de novembro de 1962 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Terceiro voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 167 km. Segunda proba do proxecto Highwater.
SA-4 28 de marzo de 1963 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Cuarto voo de probas suborbital, cun apoxeo de 129 km. Proba do sistema de compensación de fallo dun motor.
SA-5 29 de xaneiro de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV con lastre e instrumentos. Éxito Primeiro Saturno I do Bloque II, primeiro voo orbital poñendo en órbita a etapa Saturno IV.
SA-6 28 de maio de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo. Éxito Segundo Saturno I do Bloque II.
SA-7 18 de setembro de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo. Éxito Terceiro Saturno I do Bloque II.
SA-9 16 de febreiro de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 1 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Cuarto Saturno I do Bloque II.
SA-8 25 de febreiro de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 2 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Quinto Saturno I do Bloque II.
SA-10 30 de xullo de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 3 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Sexto Saturno I do Bloque II, último voo dun foguete Saturno I.

NotasEditar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 1,48 1,49 1,50 1,51 Mark Wade (2017). "Saturn I" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1 (Block 1)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1 (Block 2)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar