Alan Bean

Alan Bean, nado en Wheeler (Texas) o 15 de marzo de 1932 e finado 26 de maio de 2018. Foi un astronauta, o cuarto home en pisar a lúa, en novembro de 1969[1][2][3].

Alan Bean
Alan Bean NASA portrait (S69-38859).jpg
Datos persoais
Nacemento15 de marzo de 1932
LugarWheeler (Texas) Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento26 de maio de 2018
Actividade
EstudosEnxeñería aeronáutica na Universidade de Texas
OcupaciónPiloto Lunar, Comandante
Ocupación actualRetirado
Ocupación previaPiloto de Probas
MisiónsApollo 9, Apollo 12, Skylab 3 Apollo 9, Apollo 12, Skylab 3
PremiosNacional Aviación Hall of Fame, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou enxeñería aeronáutica na Universidade de Texas, da que se licenciou en 1955. Piloto de probas da mariña norteamericana, foi o instrutor de Pete Conrad, o que despois sería o seu comandante no Apollo 12. En 1963 a NASA seleccionouno como para un dos seus grupos. En 1967, logo da morte de Clifton Williams nun accidente, Bean substituíuno como suplente da tripulación do Apollo 9.

Bean foi o piloto lunar do Apollo 12, e Bean e Pete Conrad aluaron o 14 de novembro de 1969 no Océano das Tormentas, exploraron a superficie lunar, realizaron experimentos e instalaron a primeira estación xeradora de enerxía nuclear na Lúa para proverse de enerxía.

Bean foi tamén o comandante do Skylab 3 en 1973. En 1975 retirouse da Mariña norteamericana, pero continuou traballando na NASA ata 1981, e a partir de entón dedicouse a pintar.[4]

NotasEditar

  1. ESA (ed.). "Apollo 12" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2018. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  2. "Traxectoria" (en inglés). 
  3. NASA (ed.). "Alan Bean" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2018. 
  4. NASA (ed.). "traxectoria" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2018. 

Ligazóns externasEditar