Abrir o menú principal

Humberto de Alencar Castelo Branco

O mariscal Humberto de Alencar Castelo Branco, nado o 20 de setembro de 1897 e falecido o 18 de xullo de 1967, foi un militar e político brasileiro, primeiro presidente do réxime militar instaurado polo Golpe Militar de 1964 . Era fillo do xeneral Cândido Borges Castelo Branco e de Antonieta Alencar Castelo Branco, da familia do escritor José de Alencar.

Humberto de Alencar Castelo Branco
Castelobranco.jpg
Presidente de Brasil
Período15 de abril de 1964
15 de marzo de 1967
AntecesorRanieri Mazzilli
SucesorArtur da Costa e Silva
Datos persoais
Nacemento20 de setembro de 1900
 Fortaleza
Falecemento18 de xullo de 1967
 Fortaleza
OrganizaciónAliança Renovadora Nacional - ARENA
CónxuxeArgentina Viana Castello Branco
Profesiónmilitar
RelixiónIgrexa católica
Castelo Branco signature.svg
editar datos en Wikidata ]

PresidenciaEditar

Nomeado xefe do Estado Maior do Exército polo entón presidente da República João Goulart, en 1963, Castelo Branco foi un dos líderes do golpe de estado do 1 de abril de 1964.

Castelo Branco foi elixido polo Congreso Nacional, presidente da República, o día 11 de abril de 1964. Obtivo 361 votos contra 72 abstencións. O voto máis aplaudido foi o ex presidente Juscelino Kubitschek. Da deposición de João Goulart, o 2 de abril de 1964, ata a toma de Castelo Branco, permaneceu na presidencia da república o presidente da Cámara dos Deputados Ranieri Mazzilli.

Como na súa posesión na presidencia da República, o 15 de abril de 1964, a Constitución de 1946 continuaba en vigor, Castelo Branco foi elixido para rematar o período de cinco anos comezado por Jânio Quadros o 31 de xaneiro de 1961. Así, Castelo Branco debería gobernar ata o 31 de xaneiro de 1966. Porén, posteriormente, o seu mandato foi prorrogado e foron suspendidas as eleccións presidenciais directas previstas a 3 de outubro de 1965.

Durante o seu mandato, Castelo Branco aboliu os 13 partidos políticos existentes no Brasil, a través da Lei Institucional número 2 (AI-2). Foron criados a Alianza Renovadora Nacional (ARENA) e o Movimento Democrático Brasileiro (MDB), que se converteron os únicos partidos políticos brasileiros ata o ano 1979. Durante o seu goberno, Castelo Branco promoveu varias reformas políticas, económicas e tributarias.

Presidente de Brasil

Segue a:
Ranieri Mazzilli
Humberto de Alencar Castelo Branco
Precede a:
Artur da Costa e Silva
ARENA