Christiaan Barnard

Christiaan Neethling Barnard, nado en Beaufort West o 8 de novembro de 1922 e finado en Paphos o 2 de setembro de 2001, foi un médico surafricano. Efectuou o primeiro transplante de corazón o 3 de decembro de 1967.

Christiaan Barnard
Nome completoChristiaan Neethling Barnard
Nacemento8 de novembro de 1922
Lugar de nacementoBeaufort West
Falecemento2 de setembro de 2001
Lugar de falecementoPaphos
Causaasma
NacionalidadeSuráfrica e Austria
Alma máterUniversidade de Cidade do Cabo e Universidade de Minnesota
Ocupacióncirurxián, médico e escritor
IrmánsMarius Barnard
Na rede
IMDB: nm1201981 Musicbrainz: 9f603248-b6fa-4134-9418-a69a96ba9960 WikiTree: Barnard-7275 Find a Grave: 6000979 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Estudou Medicina na Universidade de Cidade do Cabo, e tras realizar a residencia no Hospital Groote Schuur de Cidade do Cabo in Cape, converteuse no médico dunha pequena poboación rural, Ceres, da provincia do Cabo Oriental, onde casou en 1948 cunha enfermeira. En 1951 volveu a Cidade do Cabo e traballou en dous hospitais. En 1956 especializouse en cirurxía cardiovascular na Universidade de Minnesota.

Xa de volta en Suráfrica, no Hospital Groote Schuur, realizou numerosos experimentos de transplantes de corazón en animais. O 3 de decembro de 1967 realizou o primeiro transplante de corazón en humanos, a operación fíxoa un equipo de trinta persoas e durou nove horas. O operado, Louis Washkanski, sobreviviu 18 días antes de morrer dunha pneumonía inducida polas medicinas inmunodepresoras que tiña que tomar. Barnard continuou realizando operacións de transplante de corazón, e xa a segunda operación, realizada a Philip Blaiberg o 2 de xaneiro de 1968, foi un éxito, ao sobrevivir á operación máis de 19 meses, e estimulou o realización de transplantes noutros países.