Aguiño, Ribeira
Nosa Señora do Carme de Aguiño[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo, o IGE en 2018 tiña 2.875 habitantes (1.435 mulleres e 1.440 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.
Aguiño | |
---|---|
![]() Aguiño e Sálvora | |
Concello | Ribeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°31′26″N 9°01′07″O / 42.52388889, -9.01861111Coordenadas: 42°31′26″N 9°01′07″O / 42.52388889, -9.01861111 |
Poboación | 2.870 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.
HistoriaEditar
O 9 de maio de 1959 segregouse Aguiño da parroquia de Carreira por Decreto Arcebispal de Quiroga Palacios[2]. O seu primeiro párroco foi Francisco Lorenzo Mariño (Paco de Aguiño). En 1960 comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Brochón e que foi o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego[3]. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, que oficiou ese día a súa primeira misa en galego. O templo, máis largo que longo, presenta unha disposición moi funcional. Nel caben 500 persoas.
Festas gastronómicasEditar
Desde 1997 celébrase no mes de xullo a festa do percebe[4].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Aguiño, Ribeira.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de AguiñoEditar
Lugares da parroquia de Aguiño no concello de Ribeira (A Coruña) | |
---|---|
Aguiño | O Carreiro | Os Castelos | A Catía | A Cerca | Couso | A Covasa | A Cruz de Aguiño | O Lagarto | Listres | As Pedras Miúdas | Penisqueira | O Pinar de Martín | Rascacú | A Ribeira | O Robalo | Sálvora | A Tasca | Trasporto |
Parroquias de RibeiraEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "3 de xaneiro de 2009". El Correo Gallego.
- ↑ "Aguiño pasó a ser una parroquia". La Voz de Galicia. 9 de maio de 2018.
- ↑ "Festa do percebe". Deputación da Coruña.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aguiño, Ribeira |