Oleiros, Ribeira
San Martiño de Oleiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 967 habitantes (512 mulleres e 455 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.
Oleiros | |
---|---|
![]() Igrexa de San Martiño de Oleiros. | |
Concello | Ribeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°36′10″N 9°00′20″O / 42.60277778, -9.00555556Coordenadas: 42°36′10″N 9°00′20″O / 42.60277778, -9.00555556 |
Poboación | 944 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, construída en 1769 e ampliada a mediados do século XIX. Conta cun valioso cáliz do século XVIII.
Ten planta de cruz latina coa sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras, que sosteñen unha bóveda de canón. No segundo tramo atópanse dúas capelas laterais xemelgas, construídas na década de 1940 e cubertas con bóveda de aresta, ao igual que o prebisterio e a sancristía. A fornela principal atópase unha imaxe de Martiño de Dumio.
Do templo primitivo, posiblemente de orixe románica, só queda unha estatua da Mater Dolorosa, situada nun dos muros do adro tallada en granito.
Nesta parroquia esta situado o dolmen de Axeitos.
Galería de imaxesEditar
Dolmen de Axeitos, coñecido como Pedra do mouro. Na parroquia de Oleiros
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de OleirosEditar
Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Ribeira (A Coruña) | |
---|---|
Axeitos | Balteiro | Carballo | O Cruceiro | Gándara | A Granxa | A Igrexa | Lixó | Lobeiras | Meixe | Moldes | Muíño da Correa | Os Muíños | Portochouso | Salmón | San Amedio | Sancortes | Sobrido | Xenxides |
Parroquias de RibeiraEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Oleiros, Ribeira |