Corrubedo, Ribeira
Coordenadas: 42°34′25″N 09°04′25″O / 42.57361, -9.07361
Corrubedo | |
---|---|
Vista de Corrubedo | |
Concello | Ribeira |
Área | 7,05 km² |
Poboación | 714 hab. (2018) |
Densidade | 101,28 hab./km² |
Entidades de poboación | 16 |
Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 714 habitantes (367 homes e 347 mulleres). Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.
Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán,[1][2] que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.
Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.
PatrimonioEditar
O templo, de estilo neoclásico, construíuse entre fins do século XIX e comezos do XX.
Corrubedo na literatura popularEditar
- Refraneiro
- Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte quedo [3].
- Cantigueiro
- A criada do cura/ de Corrubedo,/ ao picar a verdura/ picou un dedo [4].
Galería de imaxesEditar
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Corrubedo, Ribeira
Praia de Espiñeirido, no límite co concello de Porto do Son
NotasEditar
- ↑ "Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 9.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CorrubedoEditar
Lugares da parroquia de Corrubedo no concello de Ribeira (A Coruña) | |
---|---|
O Adro | A Atalaia | Campo da Agra | As Chiscas | Corrubedo | O Espiñeirido | O Faro | Fóra de Portas | Mexilloeiro | A Pedra do Pino | As Pitas | O Porto | O Prado | Rocapillón | Teira | Torreiro |
Parroquias de RibeiraEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Corrubedo, Ribeira |