Carreira, Ribeira

parroquia civil do concello de Ribeira

San Paio de Carreira[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². Segundo o IGE, no ano 2018 tiña 2.026 habitantes (987 homes e 1.039 mulleres).

Carreira
Capela de Nosa señora da Guía
ConcelloRibeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°32′23″N 9°00′40″O / 42.53972222, -9.01111111
Área9,5 km²
Poboación2.014 hab. (2019)
Densidade212 hab./km²
Entidades de poboación36[1]
editar datos en Wikidata ]

Forma parte do Arciprestado de Posmarcos de Abaixo, da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

Xentilicio

editar

Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é carreirán[2].

Xeografía

editar

Linda ó norte coa parroquia de Artes, ó leste coas de Ribeira e Castiñeiras, ó sur coa de Aguiño e ó oeste co océano Atlántico.

A altitude media é de 25 metros sobre o nivel do mar; o seu clima é tépedo, de tipo oceánico, resultante da exposición directa ós ventos mariños. A temperatura media anual rolda os 14,9 °C, unha das máis altas de Galicia, e as temperaturas extremas poden alcanzar os 0,5 °C no inverno e os 34,4 °C no verán.

O punto máis elevado de Carreira é o monte da Cidá con 213 m de altitude. Desde el mírase todo o concello de Ribeira.

O centro urbano da parroquia, localizado en Campos, atópase a 3 km de Santa Uxía de Ribeira, centro administrativo do concello, e a 65 km de Santiago de Compostela.

Patrimonio

editar

Na parroquia de Carreira hai restos de dous castros: o castro do Monte da Cidá, situado no cumio do monte da Cidá, e o castro do Porto de Baixo, a carón dunha cala da cal recibe o nome, e dentro dos terreos que forman parte do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo.

A igrexa parroquial, construída en 1717, é de estilo neoclásico, cunha soa nave, sancristía e campanario. Sufriu varias reformas, logo de que un incendio destruíse en 1818 a torre do campanario, e a comezos do século XX outro incendio queimase o retablo maior, de orixe barroca.

A nave principal é de cruz latina e co brazo transversal moi curto. Divídese en catro tramos por arcos faxóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón até o prebisterio, onde é de crucería.

Consérvase unha imaxe da Dolorosa, feita a mediados do século XIX por Xosé Ferreiro.

Na fachada principal hai unha porta rectangular sen ornamentos, e sobre ela unha fiestra.

editar
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [3].
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [4].

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Carreira

editar
Lugares da parroquia de Carreira no concello de Ribeira (A Coruña)

Agro da Cuña | A Aldea Vella | As Bouzas | Os Buxos | Campos de Abaixo | Campos de Arriba | A Capela | Carreiriña | As Cartas | Casalnovo | Castro | Covelo | O Cruce | A Estrada | A Fieiteira | A Filgueira | Frións | A Graña | A Granxa | Laxes | Liboi | A Mámoa | Montevixán | O Outeiro | Parte ó Río | Pé do Corniño | As Pedriñas | A Pedrosa | O Quinteiro | A Revolta | O Rueiro | Sabartán | San Paio | Sobreira | O Vilar | Vixán

Parroquias de Ribeira

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Quiles, Fernando Cabeza. "Toponimia de Ribeira". Real Academia Galega. Consultado o 2023-06-25. 
  3. Fermín Bouza-Brey: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No orixinal: Sta. Euxía.
  4. O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira é parroquia de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar