Abrir o menú principal

Ribeira, Ribeira

parroquia do concello de Ribeira

Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2018 tiña 14.497 habitantes (7.336 mulleres e 7.161 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.

Ribeira
Ribeira 050917 056.JPG
Vista de Ribeira.
ConcelloRibeira
Poboación14.497 hab. (2018)
Entidades de poboación37

Santa Uxía na literatura popularEditar

  • Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira [1].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría [2].
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía [3].
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [4].
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [5].

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Santa Enxía [sic].
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "Marroguentos" ten sentido despectivo describindo a aquel que ten tripas de polbo.
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: "Santa Euxía".
  4. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No texto: Sta. Euxía.
  5. O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira, Santa Uxía e Carreira, son de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar